viernes 30 de enero de 2009

CONFESIÓNS DUN SOLDADO ISRAELÍ

Confesións dun soldado israelí: "Tratamos os palestinos como animais"

Comezan a surxir na sociedade israelí as primeiras voces contra a guerra. No domingo, unha marcha en Tel Aviv para pedir o final dos bombardeamentos en Gaza e o Líbano. Hoxe, unha noticia que conmocionou a opinión pública: o sarxento Itzik Shabbat anunciou que se negaba a participar na ofensiva contra Beirut, "Fágoo para me opor a esta loucura e para romper coa ilusión de que todos estamos a favor desta guerra innecesaria baseada en mentiras", afirmou este xove reservista de 28 anos que vive en Sderot, cidade próxima de Gaza na cal costuman caer os foguetes Qassam do Hamás.
Achégase a hora do regreso a Gaza. Apreso as últimas entrevistas en Xerusalén. Nun café de Jaffa Road, encóntrome con Yehuda Shaul, fundador da ONG Breaking the Silence (Rompendo o silencio).

"Todo é unha loucura: a ocupación, a forma inhumana como tratamos os palestinos", di. "En Israel entras no exército con 18 anos porque queres loitar contra o inimigo do teu país, porque queres deixar a tua marca na historia, e fas o que che din, sen pensar. E alí todo axuda para non pensares. Misións que cumprir, ordes que seguir".

"E non ves os palestinos como seres humanos, velos como animais. Entras na casa deles durante a noite, despértalos, bérraslles, as mulleres alí, os homes alí, e rompes todo. Son cousas que non farías aquí en Israel, mais falas alí. E para poder facelo, negas a realidade. É a única maneira. Creas entre ti e a realidade un muro de silencio”.


“ Póñoche outro exemplo: se encontras na noite un paquete sospeitoso que pode ser unha bomba, chamas o primeiro mohamed que encontras na rúa e dislle que o abra. Poderías chamar un especialista que o desactivase, demoraría dez minutos en vir, mais mellor facer que un palestino xogue a vida, xa que para ti é o mesmo, non o ves como un ser humano. Eu facía iso cos meus soldados en Hebrón".
“ E tamén en Nablus, cando quería entrar nunha casa, se pensaba que podía haber unha bomba trampa, apañaba o mohamed de turno e obrigábao a que abrise a porta. É parte da rutina do exército: usar os palestinos como escudos humanos”.

“O mesmo cando estás nun check point, obrigalos a esperar moito máis do necesario, ás veces durante horas, e apañas un palestino ao azar e daslle unha malleira de cada quince ou vinte que pasan, para que o resto teña medo e estea tranquilo. Só así, ti que estás con catro soldados mais dominalos a eles que son millares”.
“E cando entras en Gaza co carro de combate e ves un coche novo, ainda que teñas espazo na estrada, pasas por riba. E tamén disparas aos tanques de auga.
Para meterlles medo, para que te respeiten, porque esa é a lóxica do que nos ensinan aos soldados israelís”.


“Ademais, es novo e comezas a desfrutar dese poder, de que a xente faga todo o que lles digas. Es como un video-xogo. Estás nun check point no medio da ruta, tés vinte coches a esperar e con só moveres un dedo fan o que ti queiras.
Brincas con eles. Falos avanzar, retroceder. Vólvelos loucos. Tés 18 anos e sénteste poderoso”.
“Tres meses antes de abandonar o exército, dirixía unha unidade en Hebrón, fixera unha carreira, así que tiña tempo libre. Unha mañá olleime no espello e comprendín que todo aquilo era un erro e souben que non podería continuar á frente coa miña vida se non facía algo. Por iso, así que saín, xuto cos soldados da miña unidade, montamos unha exposición coas nosas fotos, chamábase “Traer Hebrón a Tel Aviv”,


“Caeu como unha bomba na sociedade. Viñeron parlamentarios, xornalistas. Pasaron sete mil persoas. Entón creamos Breaking the silence, onde damos espazo para que os soldados contem os abusos que cometen sistematicamente. Máis de 350 xa o fixeron. Agora temos exposicións e vídeos en Europa, en Israel”.
“Algunha xente di que son casos illados. As nais din: o meu fillo, que está agora no exército é bo, non fai esas cousas, isto só o fan os soldados beduínos ou os etíopes. Mais non é certo. Todos o facemos, porque é a lóxica da ocupación israelí: aterrorizar os palestinos”.


“ Os check points non serven para deter os palestinos de entraren en Israel, é para que a realidade non entre en Israel. Porque esta é unha sociedade de soldados, todos pasamos polo exército tres anos cando somos novos e logo un mes ao ano. E todos facemos iso. Por iso existe o muro de silencio, de negación, porque todos somos responsábeis e non o queremos admitir”.
“ Eles son as vítimas, nós os vitimarios. Mais como vitimarios, tamén pagamos un prezo. Esta é unha sociedade que non se anima a ollar nos ollos a verdade, os seus propios actos. É unha sociedade, como consecuencia, moralmente enferma”.

jueves 22 de enero de 2009

Conferencias

20 de xaneiro, ás 20:00, Conferencia de Mohammad Safa da OLP. Centro Social Enriqueta Outeiro en Santiago de Compostela. C/Quiroga Palacios, 42

24 de xaneiro, ás 21:30, Conferencia de Fayez Badawi, militante da resistencia palestina. Na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Santa Clara, 21

miércoles 21 de enero de 2009

O APARTHEID ISRAELÍ


No seu último e revelador traballo, “The Shock Doctrine”, a canadiana Naomi Klein advirte, con relación a Israel, do perigo de perder o incentivo da paz. Na actualidade existe un poderoso complexo militar-industrial ao ponto de o armamento e a tecnoloxía de seguranza e control de persoas constituiren o primeiro epígrafe das exportacións do Estado de Israel. Klein, ela propria de orixe xudea, conclúe que as consecuencias desta deriva atinxen non só ao pobo palestiniano, vítima dunha selvaxe ocupación militar desde hai sesenta anos, mais á propria sociedade israelí, de cada vez máis militarizada e radicalizada cara a estrema dereita racista.

Véxanse senón os dados. Dous de cada tres israelís apoian o ataque criminal contra a franxa de Gaza, que coincide cunha campaña electoral na que todos os contendentes compiten por ver quen propón o tratamento máis brutal para a cuestión palestiniana. A xustiza sionista vén de prohibir que os partidos representativos da minoría árabe – máis dun 20% da poboación – podan concorrer aos comicios co argumento de non recoñeceren Israel como “Estado xudeu”. Historiadores que como Ilan Pappé cuestionan a versión oficial sobre a xénese do Estado de Israel deitando luz sobre a deportación e o asasinato de milleiros de palestinianos foron forzados a se exiliaren.

Non é pois de extrañar que cada vez sexamos máis os que neguemos a condición democrática dun Estado que asenta sobre un elemento racial que xustifica a discriminación contra a poboación árabe e o xenocidio contra o pobo palestiniano en Gaza e na Cisxordania. Daquela, porque non lle brindar ao apartheid israelí o mesmo boicote diplomático e comercial que en tempos se lle dou ao sulafricano?

Carlos Aymerich


POLA PAZ EN PALESTINA: BOICOT A ISRAEL



O pasado 16 de Decembro, poucos días antes do inicio do ataque sionista contra Gaza, o diplomático francés Yves Aubin de la Messuzière publicaba unha tribuna en “Le Monde” na que advertía das ameazas que pairaban sobre a precaria tregua entre Palestina e Israel ao tempo que indicaba a necesidade de recoñecer Hamas como interlocutor necesario en calquera saída dialogada do conflito. Lembraba o veterano embaixador francés, bon coñecedor de Oriente Medio, os perigos decorrentes da campaña israelí na que, alén da corrupción, a competencia entre os candidatos estriba en cal deles propón a alternativa máis selvaxe para a cuestión palestiniana e máis tamén do revanchismo da cúpula militar hebrea na que ainda proe a derrota do Líbano en 2006. Sen esquecer a fin do mandato de Mahmud Abbas como presidente da ANP. De facto, xa naquel momento había sinais alarmantes: o 4 de Novembro anterior o ataque contra unha posición de Hamas anunciaba a nula vontade hebrea de avanzar cara unha solución pacífica.

Porén ninguén fixo caso do aviso. Ben ao contrario, o artigo De la Messuzière deulle ao Ministro francés de Asuntos Exteriores a excusa para pór fin a unha misión coa que nunca concordara. Non por acaso foi este mesmo ministro, o humanitario Bernard Kouchner, quen con máis empeño defendeu, no meio do brutal ataque contra Gaza, a ampliación do actual acordo entre a Unión Europea e Israel cara un estatuto de “Asociación Reforzada” que permitiría ao Estado hebreo participar nos programas comunitarios como se dun Estado membro se tratar. Nada de que se surprender: o luns 12 de Xaneiro, con xa case mil palestinos asasinados, España, Franza e outros trece países europeos abstíñanse de condenar na Comisión de Dereitos Humanos da ONU, en Xenebra a agresión sionista contra o pobo de Gaza.


Así as cousas, para sabermos que está a pasar, é preciso fuxir de eufemismos e comezar a lle chamar as cousas polo seu nome. A fundación de Israel só foi posíbel despois da deportación e o asasinato de milleiros de palestinianos e a ocupación ilegal de territorios gañados nunha guerra de agresión. Porque os refuxiados palestinianos que malviven nos campos do Líbano, Xordania ou Siria son os descendentes dos expulsos e desposuídos pola forza en 1948. Ben o sabe o historiador xudeu Ilan Pappé que se víu obrigado, tras documentar esta operación de limpeza étnica, a deixar Israel e traballar desde o exilio.


Israel é unha potencia nuclear que ameaza aos seus viciños sen vixilancia ou control ningún da ONU e que viola de forma contumaz as normas internacionais de Dereito Humanitario e as obrigas que lle incumben como potencia ocupante. Desde hai máis de coarenta anos Israel descoñece impunemente as resolucións do Consello de Seguranza e da Asamblea Xeral da ONU que instan a retirada de Gaza, a Cisxordania e os altos do Golán e que recoñecen o dereito do pobo palestiniano á autodeterminación e ao retorno.


Israel non é un Estado democrático. Non pode ser tal o que discrimina a minoría árabe, o 20% da poboación, e prohíbe os seus partidos por non recoñeceren Israel como “Estado xudeu”. Tampouco o que, en flagrante violación do Dereito Internacional, fomenta a colonización dos territorios ocupados e rouba, a meio dun valado chamado de seguranza, os acuíferos e as terras máis ricas de Palestina. Un Estado fundado sobre unha base racial non pode ser un Estado democrático. Tampouco aquel que tortura e ten os seus cárceres ateigados con milleiros de presos, nenos incluídos, sen acusación nin xuízo ou que ten legalizadas as execucións extraxudiciais, “selectivas”, dos dirixentes da resistencia palestiniana.


En Xaneiro de 2006 Hamas gañou unhas eleccións auspiciadas e inspeccionadas pola comunidade internacional nos territorios ocupados de Palestina. Porén a UE descoñeceu o resultado dos comicios e bloqueou a cooperación económica co novo goberno colaborando deste xeito cos planos de Israel de abandonar e bloquear a franxa de Gaza co fin de centrar o empeño colonizador en Xerusalén e Cisxordania. O golpe de Estado do verán de 2007 consumou a división da resistencia nacional palestiniana deixando a Israel as mans libres para martirizar unha Gaza xa desconectada. Porque o ataque actual, sendo o máis duro, non é, nin muito menos, o único padecido polos sufridos gazatíes. En Marzo de 2008 unha incursión do exército xudeu provocou 116 mortos, muitos deles nenos. Daquela o vice-ministro de Defensa, Matan Vilnai, ameazou aos palestinos cunha nova “Shoah”, a palabra hebrea utilizada para se referir ao holocausto perpetrado polos nazis.


Mais os gobernantes europeos andan noutras cousas. Fan outros cálculos. Nin Zapatero nin Sarkozy queren sentir falar de condenar Israel. Quizais porque España, Franza e outros países europeos seguen a lle vender armas e tecnoloxía militar a Israel por valor de máis de 200 M€ anuais. Muitas destas armas están a ser utilizadas estes días contra Gaza.


E claro, tampouco queren saber doutras medidas que son, realmente, as que neste momento cumpren: suspender as relacións comerciais e diplomáticas con Israel e someter o apartheid sionista a un boicot similar ao que, no seu momento, e xunto coa loita da maioría negra provocou a caida do rexime racista de Pretoria.

Carlos Aymerich




lunes 19 de enero de 2009

Enlaces da manifestación العناوين الإلكترونية

Enlaces para ver a manifestación do día 18 de xaneiro na cidade compostelana (Galiza con Palestina, non ao masacre!!)



بعض العناوين الإلكترونية لرؤية مظاهرة يوم 18 من كانون الثاني في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا
(غاليسيا مع فلسطين لا للمجزرة)

domingo 18 de enero de 2009

Mais de 15.000 persoas unironse a manifestación por Palestina en Compostela



Máis de 15.000 persoas, entre eles galegos, árabes e de outras nacionalidades, reuníronse onte día 18 de xaneiro ás 12:00 na Alameda na cidade compostelana para manifestarse encontra da ofensiva do Estado sionista na franxa de Gaza, e expresar o seu apoio ao pobo palestino.
احتشد أكثر من 15 ألف شخصا من بينهم غاليسيين و عرب و من جنسيات أخرى أمس في 18 من شهر كانون الثاني/ يناير الساعة الثانية عشر ظهرا في آلاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا للتظاهر ضد هجوم الحكومة الصهيونية في قطاع غزة و دعم الشعب الفلسطيني

احتشد أكثر من 15 ألف شخصا في مظاهرة مع فلسطين في كومبوستيلا

Máis de 15.000 persoas, entre eles galegos, árabes e de outras nacionalidades, reuníronse onte día 18 de xaneiro ás 12:00 na Alameda na cidade compostelana para manifestarse encontra da ofensiva do Estado sionista na franxa de Gaza, e expresar o seu apoio ao pobo palestino.

احتشد أكثر من 15 ألف شخصا من بينهم غاليسيين و عرب و من جنسيات أخرى أمس في 18 من شهر كانون الثاني/ يناير الساعة الثانية عشر ظهرا في آلاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا للتظاهر ضد هجوم الحكومة الصهيونية في قطاع غزة و دعم الشعب الفلسطيني


Pronto mais información...

viernes 16 de enero de 2009

NOTA DE PRENSA

GALIZA CON PALESTINA, PAREMOS O MASACRE!



A Asociación Galiza por Palestina informa que TODAS AS ASOCIACIÓNS abaixo mencionadas convocan á cidadanía galega á Marcha Unitaria contra o Masacre en Gaza o vindeiro Domingo, día 18, ás 12:00 do mediodía en Compostela. O percorrido da mesma comezará na Alameda e rematará na Praza da Quintana.Ao fin da marcha, a actriz María Bouzas e a cooperante galego-palestina Laila Tillawi Quintela lerán o comunicado (adxunto) suscrito por todas as asociacións implicadas.Pregamos a máxima difusión desta convocatoria e invitamos aos medios a poñerse en contacto con representantes destas asociacións se así o precisan.Lembramos t que algunhas das asociación convocantes teñen tamén en marcha outras iniciativas que apoiamos e incluímos nesta convocatoria. Algunhas destas actividades son:


"Marcha das Candeas", convocada pola ONG VIRAVENTOS:" Hoxe as 8 pm, no Obelisco da Coruña, todos xuntos contra a terrible situación que está a pasar unha vez mais, o pobo palestino.Non o esquezades,pois é a nosa obriga recordar a cada momento,a toda persoa,institución,politicos,gobernos,prensa etc. que non pode quedar impune a conducta de exterminio que leva a cabo o estado de Israel, sobre Gaza e Palestina toda.Traede candeas.kufiyas e forza nas ialmas."


Convocatoria de concentración en Réxime de autoconvocatoria para o Sábado 17 de Xaneiro às 12h diante do Concello de Ponteareas.


A Fundación Araguaney informa que ten impresos carteis que se repartirán gratuítamente para que se poñan nas ventás en mostra de apoio e protesta. Tamen informa da súa colaboración na recadación de fondos para a organización FREE GAZA MOVEMENT, en colaboración con outras entidades. Polo que vos remitimos á Fundación para apoiar esta iniciativa.



A lista completa de asociacións convocantes é o seguinte:

Organizacións Convocantes ( Por orde alfabética)


ACSUR - Galiza
ABEGA
Adiante
AGARB
A Gentalha do Pichel
AGIR
Alternativa dos veciños de Oleiros
A Mesa pola Normalización lingüística
AMC
Arraianos
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Cambre, Pobo Solidario
Asociación Cultural O Galo
Asociación de Mulleres Espadela de Cercedo
Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido" (Pontevedra)
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galaico Árabe Jenin
Asociación Veciñal A Xuntanza
Asociación Veciñal de Esteiro Fontelonga (FERROL)
Asociación de Xefes e Mandos da Policía Local
Assembleia Aberta do Local Social Baiuca Vermelha
Aturuxo
BNG
BRIGA
CC.OO de Galicia
Ciberirmandade
CIG
CIMO- Castelao
CNT
Colectivo dos Mozos Comunistas
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña
Comités Abertos
Comité de Defensa das Rías Altas
Concello de Oleiros
Coordinadora do Barrio de Vite – Compostela
Coordinadora de Crentes Galegos
Coordinadora Galega de ONGDs
Coordinadora Galega pola Paz
Corrente Vermella
COSAL - Coruña
COSAL – Galiza
C.S. Henriqueta Outeiro
CUT
DSI
Encontro Irmandiño
Esculca
Esquerda Unida
Foro Galego de Inmigración
FPG
Fuco Buxán
Fundación Araguaney
Fundación Galiza Sempre
Fundación Luís Tilve
Galiza Nova
Galiza por Palestina
Iniciativa polos Dereitos Humanos
Isca
Judíos Antisionístas de Espanya
Marcha Mundial das Mulheres
Médicos do Mundo
Movemento pola Base
Mulheres Nacionalistas Galegas
Mundo Sen Guerras
Nós - Unidade Popular
OSPAAAL-GALICIA
Partido Comunista dos Pobos de España
PCG
PCPG
Partido Humanista de Galicia
Pen Clube de Galicia
Plataforma Alternativa Pola Esquerda
Primeira Linha
Redes Escarlata
Seminario Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Estudantes
Sindicato Labrego Galego
Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza
Socialismo Libertario
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Solidariedade Internacional
UXT Galicia
Verdegaia
Viraventos
Xustiza e Sociedade

jueves 15 de enero de 2009

COMUNICADO DA MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O MASACRE SIONISTA EN GAZA


GALIZA CON PALESTINA
NON AO MASACRE!

ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS


A actual intervención do exército israelí na franxa de Gaza non é máis que a continuación da política de exterminio do pobo palestino que o sionismo ven practicando dende que logrou que o peor imperialismo europeo e norteamericano inventara o Estado de Israel. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e bárbara, unha auténtica matanza, contra a poboación civil, e contra as súas organizacións de resistencia.

Esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas. Esta é unha agresión militar por parte dun estado IMPERIALISTA, armado e financiado por Norteamérica e Europa, que conta cun poderosísimo exército e ataca por terra, mar e aire a un pobo sen máis defensa que o heroísmo e sacrificio dos seus mal armados milicianos, e que nin sequera ten a posibilidade de fuxir.

Os verdugos teñen nome coñecido e as vítimas tamén, cóntanse por milleiros, entre as mortes e as persoas feridas. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel.

Trátase, xa que logo, dun auténtico masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación máis indefensa, as persoas anciáns, nenas e nenos, mesmo cooperantes internacionais. Tampouco respectan nin as mesquitas, hospitais ou mesmo escolas, as escolas das Nacións Unidas, con identificación oficial, con coordenadas coñecidas e transmitidas, onde estaban refuxiados do horror centos de cativas e cativos palestinos. O sionismo non coñece límites.

O exército e o goberno israelís, sabémolo ben, son expertos tamén na ocultación da verdade, contan con axentes moi poderosos. Resulta escandaloso que manifesten que as accións militares actuais son resposta ao lanzamento de foguetes caseiros desde Gaza. Menten coma sempre!!! ¿non sabemos que Israel rompe as treguas sistematicamente? ¿acaso non coñecemos a política de asasinatos selectivos das persoas dirixentes palestinas, practicada por Israel nos últimos anos? ¿De destrución das vivendas e das súas familias?

Xa coñecemos que tipo de loita é, balas contra pedras, tanques e mísiles contra a poboación civil, ocupación militar dos territorios palestinos, máis colonizacións fronte dos acordos de paz.

Son centos e milleiros : as palestinas e os palestinos asasinados; as presas e os presos; as torturadas e os torturados nas cadeas israelís; as mortes como consecuencia do bloqueo, as persoas que a diario son vexadas e inspeccionadas.

En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas. O estado de Israel non ten credibilidade algunha.É probablemente o estado do mundo que máis ten violentado a legalidade internacional, negado unha solución política a un conflito que se dilata inxustificadamente no tempo. Cada vez quedan menos persoas no mundo que poidan crer as mentiras israelís. Indigna pensar que a brutal ofensiva militar israelí actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortes por votos fai que abominemos aínda máis do sionismo e das súas prácticas.

Esiximos das institucións da comunidade internacional, da UE e do Estado Español que obriguen a Israel a deter o masacre, a cesar inmediatamente todos os ataques e bombardeos sobre os territorios e a poboación palestina, a propiciar un alto o fogo inmediato e a levantar o bloqueo de Gaza abrindo todos os pasos internacionais para que poida chegar axuda urxente aos homes e mulleres da castigada Franxa de Gaza.

O pobo galego está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio, a elixir libremente a súa representación e que esta sexa recoñecida pola comunidade internacional, incluído Hamás, e finalmente, apoia o regreso das persoas palestinas refuxiadas aos seus fogares.

O estado español, a UE, a comunidade internacional no seu conxunto, ata agora cómplices do sionismo ou pasivos ante a traxedia palestina, teñen a obriga moral e política de impoñer a Israel o respecto escrupuloso polas resolucións de Nacións Unidas, con toda firmeza, con medidas de boicot comercial, con ruptura inmediata das relacións diplomáticas e coa expulsión da embaixada sionista. Desde logo, non podemos seguir a tolerar que Israel ocupe territorios, masacre á poboación civil palestina; non podemos tolerar que se siga comprando e vendendo armas aos sionistas como está a facer España e outros estados que se sentan no Consello de Seguridade da ONU.

Galiza enteira reclama a persecución xurídica nos tribunais internacionais dos criminais israelís, civís e militares, responsables desta matanza indiscriminada, un auténtico crime contra da humanidade.

E esiximos ademais:

· Que se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
· Que a Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
· Que se declaren a embaixada e o Goberno Israelí non gratos en todo o territorio galego no seu conxunto; e concello por concello.
· E que os medios de comunicación e a prensa internacional informen con imparcialidade e non a favor do sionismo .



¡ALTO A AGRESIÓN!

¡VIVA O POBO PALESTINO!

¡VIVA PALESTINA!


Estimado/as compañeiro/as: Rógase enviar as enmendas e suxerencias antes do vindeiro venres, día 16, antes das 00:00. Despois faremos público o COMUNICADO OFICIAL e os convocantes.


Galiza por Palestina

بلاغ رسمي للمظاهرة الوطنية ضد المجزرة الصهيونية في غزة

مظاهرة وطنية ضد المجزرة الصهيونية في غزة
آلاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا
الأحد ، الموافق 18 من شهر كانون الثاني ، الساعة 12:00 ظهرا
إن الدخول الحالي للجيش الإسرائيلي في قطاع غزة ليس إلا استمرارا في سياسة إبادة الشعب الفلسطيني ، حيث يمارسه الصهاينة منذ أن استطاعت أسوء إمبريالية الأوروبية و الأمريكية أن تؤلف حكومة إسرائيل الصهيونية . إننا أمام حالة من العنف الهمجي و الذي لا يمكن وصفه ، إنها مجزرة حقيقية ضد المدنيين و ضد منظماتهم المقاوِمَة
إنها ليست بحرب ، ولا وجود لجيوش متواجهة ، و لا توجد مساواة بين القوى . إنها عدوان عسكري لحكومة مسلحة و ممولة من طرف الإمبريالية الأمريكية و الأوروبية ، و لديها جيشا ذا قوة جبارة يهاجم برا و بحرا و جوا شعبا ليس لديه أية وسيلة دفاع إلا بطولة و تضحية المناضلين الذين تم تسلحتهم بطريقة غير منظمة ، هذا الشعب الذي ليس لديه أية فرصة للهروب
لدى الجلادون اسما معروفا و لدى الضحايا أيضا ، نستطيع أن نقدر آلافا من القتلى و الجرحى . إن انتهاك حقوق الانسان و خرق القانون الدولي و معاهدات السلام و قرارات الأمم المتحدة لديه اسما ، و هو حكومة اسرائيل الصهيونية
إنها مجزرة حقيقية ، خالية من أي إحراج أخلاقي ومع عدم احترام مجتمع غير قادر على الدفاع عن نفسه ، و عدم احترام الشيوخ و لا الأطفال و لا المتعاونين الدوليين و لا المساجد و لا المستشفيات و حتى المدارس ، من بينها مدارس الأمم المتحدة التي تحتوي على هوية رسمية ، حيث كان يختبئ فيها من الرعب المئات من الفلسطينيين و الفلسطينيات . لا حدود للصهيونية
نعرف جيدا أن الجيش الإسرائيلي و حكومتة خبراء في إخفاء الحقيقة ، و يدعمونهم عملاء ذو نفوذ قوي . إنها فضيحة أن تعتبر الأعمال العسكرية الحالية ردا على إطلاق صراويخا من غزة تم انتاجها في البيوت . يكذبون كالمعتاد!!! أليس من المعروف أن الإسرائيليين هم من خرقوا المعاهدة الموافق الرابع من شهر تشرين الثاني؟ ألا نعرف سياسة إسرائيل بالقيام بالإغتيالات المختارة ضد النشطاء الفلسطينيين خلال السنوات الأخيرة؟ و سياستها بتدمير منازل أهاليهم؟

نحن نعرف نوع هذا الصراع ، رصاصات ضد حجارة ، دبابات و صواريخا ضد مدنيين ، احتلالا عسكريا للأراضي الفلسطينية ، استعمارات متزايدة ضد معاهدات السلام
إنهم مئات و ألافا من الفلسطينيين الذين تم إغتيالهم و أسرهم و تعذيبهم في السجون الإسرائيلية ، و الذين ماتوا بسبب الحصار و الذين تم تفتيشهم و إذلالهم يوميا
لا يمكن تبرير فتل المدنيين تحت أي ظرف ، و لا انتهاك حقوق الإنسان و ال الإحتلال العسكري للأراضي الفلسطينية و لا خرق قرارات الأمم المتحدة . ليست لحكومة إسرائيل أية مصداقية . من المحتمل أن تكون الحكومة الأكثر انتهاكا للقانون الدولي في العالم ، و الأكثر رفضا لحل سياسي لنزاع يتمدد عبر الزمن بدون أي مبرر . لكن يقل عدد الأشخاص الذين قد يصدقون الأكاذيب الإسرائيلية بشكل دوري . و من العار كون المهاجمة العسكرية الهمجية لها علاقة بأجندتها الإنتخابية . إن بيع الموتى مقابل الأصوات الإنتخابية تجعلنا نستنكر و نرفض أكثر الصهيونية و ممارساتها

نطالب مؤسسات المجتمع الدولي و الأمم المتحدة و الحكومة الإسبانية بأن يجبروا إسرائيل على إيقاف المجزرة و إيقاف كل الهجمات و القصف على الأراضي الفلسطينية و الشعب الفلسطيني ، و إيقاف إطلاق النار و رفع الحصار عن غزة و فتح العابر الدولية لكي تصل المساعدة الضرورية للرجال و النساء في قطاع غزة المعاقَبة
إن الشعب الغاليسي يقف مع الشعب الفلسطيني ، و يدعم و يعترف بحق وجوده و حقه بأن يكون لديه حكومة ذاتية و حقه بأن يختار بحرية ممثليه و أن يعترف المجتمع الدولي بهؤلاء الممثلين بالإضافة إلى حماس ، و أخيرا و ليس آخرا ، يدعم حق عودة اللاجئين الفلسطينيين إلى منازلهم
إن الحكومة الإسبانية و الإتحاد الأوروبي و المجتمع الدولي مشاركين في العملية الصهيونية أو صامتين أمام المأساة الفلسطينية ، و هم مجبرون أخلاقيا و سياسيا على فرض على إسرائيل احترام قرارات الأمم المتحدة و وضع معاييرا للمقاطعة التجارية و قطع العلاقات الدبلوماسية معها و طرد السفراء الصهاينة . لا نستطيع احتمال استمرارية اسرائيل بإحتلال الأراضي الفلسطينية و أن تقوم بالمجازر ضد الشعب الفلسطيني المدني ، لا نستطيع احتمال استمرار تجارة الأسلحة مع الصهاينة كما تفعل اسبانيا و حكومات أخرى حيث تجلس في مقاعد مجلس الأمان لمنظمة الأمم المتحدة
تطالب غاليسيا الملاحقة القانونية في المحاكم الدولية للمجرمين الإسرائيليين المدنيين و العسكريين مسؤولين عن هذه المجزرة ، جرم حقيقي ضد الإنسانية
نطالب أيضا ب
تشجيع سياسات ناشطة متضامنة مع فلسطين

أن يعلن المجلس الغاليسي أنه ضد إسرائيل و مع الشعب الفلسطيني
أن يعتبر السفير الإسرائيلي و الحاكمين الإسرائيليين أشخاصا غير مرحب بهم في كل أنحاء الأراضي الغاليسية و في كل بلدية

أن تعلم الوسائط الإعلامية و الصحافة الدولية بشكل محايد ، لا أن تكون مع إسرائيل
أوقفوا العدوان
عاش الشعب الفلسطيني
عاشت فلسطين

martes 13 de enero de 2009

MANIFESTACIÓN NACIONAL GALEGA CONTRA O MASACRE SIONISTA!!!

Chamamos ao pobo galego a manifestar o seu rexeitamento aos ataques cometidos contra o pobo palestino, a súa solidariedade total e o seu apoio a causa palestina.



Dada a crítica situación que sigue sufrindo o pobo palestino chamamos a aqueles que están en contra dos crimes de guerra e queren reclamar o alto do fogo na faixa de Gaza a asistir á MANIFESTACIÓN O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 18, ÁS 12:00 AM. NA ALAMEDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.



Rógase a difusión deste acto solidario.

ننادي الشعب الغاليسي لإعلان رفضه للهجوم ضد الشعب الفلسطيني و إعلان تضامنه الكلي و دعمه للقضية الفلسطينية بسبب الحالة الحرجة التي مازال يعانيها الشعب الفلسطيني

ننادي هؤلاء الذين يرفضون جرائم الحرب و يطالبون بوقف إطلاق النار في قطاع غزة لحضور مظاهرة يوم الأحد الموافق 18 من شهر كانون الثاني ، الساعة 12:00 ظهرا في ساحة ألاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا
الرجاء نشر هذا النشاط التضامني



Galiza por Palestina

غاليسيا من أجل فلسطين

domingo 11 de enero de 2009

Xornada nacional de movilizacios por Palestina A CORUÑA (VIDEOS)



Xornada nacional de movilizacios por Palestina A CORUÑA (Fotos)

De novo a cidade da Coruña respondeu a convocatoria de Galiza por Palestina, protestando polos ataques israelies a franxa de Gaza, e a morte indiscriminada de civis.

Convoctoria de Viraventos na Coruña

GxP apoiá as iniciativas solidarias como a convocatoria de Viraventos (www.viraventos.org) para o próximo venres 16 na Coruña:

jueves 8 de enero de 2009

faixa

GA LI ZA CON PALESTINA

NON AO MASACRE!



NOTA DE PRENSA

CONVOCATORIA DUNHA XORNADA DE MOBILIZACIÓN NACIONAL POR PALESTINA


Compostela a 7 de Xaneiro de 2009 -- A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convocou a todos os colectivos e persoas interesadas a unha xunta o mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Asistiron e apoian particulares ademais de representantes das principais asociacións, partidos e sindicatos galegos; entre eles:

ACSUR Galicia; ADIANTE; Asemblea Republicana de Vigo; Asoc. Francisco Villamil; ATURUXO / A Ghentalha do Pichel; BNG; BRIGA; CIG; Comité Defensa das Rías Altas; Comités; Corrente Vermella; Cosal – Coruña; COSAL – Santiago; CUT; DSI; Esquerda Unida; Esquerda Unida- Vigo; FPG; Fuco Buxán; Fundación Araguaney; GALIZA NOVA; ISCA!; MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES; Movemento pola Base; Mundo Sen Guerras; NÓS- UNIDADE POPULAR; Partido Comunista dos Pobos de España/ Colectivo dos mozos comunistas; Partido Humanista; PCPG; Plataforma Alternativa – Lugo; Plataforma de Lugo; Socialismo Libertario; Solidariedade Internacional de Galicia; Viraventos.

Tras escoitar todas as aportacións e opinións dos colectivos asistentes,acordouse unificar todas as concentracións locais nun mesmo día: Unha Xornada Nacional de Mobilización por Palestina o Sábado 10 de Xaneiro, ás 20.30h nas principias cidades e vilas galegas.

No caso de teren convocada outra data, manterase debido á urxencia da convocatoria.

Polo tanto comunicamos e informamos das seguintes mobilizacións xa confirmadas:

VENRES, 09/01/09

  • Ferrol: ás 20:00 h. diante do Edificio da Xunta de Galicia - Praza Amada García.
  • As Pontes: ÁS 19:00 h. CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO HOSPITAL.
  • Ponferrada: ÁS 20:30 h. NA PRAZA DO CONCELLO.
  • Pontedeume: ÁS 20:00 h.

Sábado, 10/01/09

  • Pontevedra: ÁS 20:00 h. MANIFESTACIÓN UNITARIA EN PONTEVEDRA NA PRAZA DA FERRERÍA.
  • Vigo: ÁS 18:00 h. MANIFESTACIÓN DENDE O CRUCE DA VÍA NORTE CON URZÁIZ QUE REMATARÁ NA PORTA DO SOL.
  • Santiago: ÁS 20:00 h. MANIFESTACIÓN DENDE A PRAZA DO TOURAL ATA A PRAZA DO OBRADOIRO, ONDE SE LERÁ UN COMUNICADO.
  • A Coruña: ÁS 20:30 h. CONCENTRACIÓN NO OBELISCO, CANTÓNS
  • Ponteareas: ÁS 13:00 h. DIANTE DO CONCELLO
  • Lugo: ÁS 20:00 h. CONCENTRACIÓN DIANTE DA SUBDELEGACIÓN.
  • Cangas: ÁS 20:00 h. CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO.
  • A Estrada: ÁS 20:30 h. CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO.

As concentracións son abertas a tódalas organizacións que se queiran sumar e chamamos a poboación galega a sumarse a estes actos.

O lema da marcha será :

GA LI ZA CON PALESTINA

NON AO MASACRE!

INFORMAREMOS DAS OUTRAS LOCALIDADES EN CANTO ESTEAN CONFIRMADAS.

دعوة ليوم الحركة الوطنية من أجل فلسطين

كومبوستيلا ، السابع من شهر كانون الثاني 2009 ، بناءا على طلب بعض الأشخاص و المنظمات السياسية و الاجتماعية و الهيئية و الثقافية الذين حضروا الاجتماعات ضد العدوان الصهيوني على الشعب الفلسطيني في غزة ، نادت مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين الأفراد و المؤسسات و كل المهتمين حضور اجتماعا يوم الأربعاء الماضي، الموافق السابع من كانون الثاني ، الساعة السابعة مساءا في معرض سارغاديلوس في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا


لقد حضر و دعم أفراد بالإضافة إلى ممثلي المؤسسات و الأحزاب و الهيئات الأساسية الغاليسية ، من بينهم

ACSUR Galicia; ADIANTE; Asemblea Republicana de Vigo; Asoc. Francisco Villamil; ATURUXO / A Ghentalha do Pichel; BNG; BRIGA; CIG; Comité Defensa das Rías Altas; Comités; Corrente Vermella; Cosal – Coruña; COSAL – Santiago; CUT; DSI; Esquerda Unida; Esquerda Unida- Vigo; FPG; Fuco Buxán; Fundación Araguaney; GALIZA NOVA; ISCA!; MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES; Movemento pola Base; Mundo Sen Guerras; NÓS- UNIDADE POPULAR; Partido Comunista dos Pobos de España/ Colectivo dos mozos comunistas; Partido Humanista; PCPG; Plataforma Alternativa – Lugo; Plataforma de Lugo; Socialismo Libertario; Solidariedade Internacional de Galicia; Viraventos.


بعد الاستماع لكل ما طرحته المجموعات الحاضرة لقد اتخاذ قرار توحيد كل الاحتشادات المحلية في نفس اليوم : اليوم الوطني للحركة من أجل فلسطين، يوم السبت الموافق العاشر من شهر كانون الثاني ، الساعة 20:30 في مختلف المدن و القرى
في حالة وجود دعوة بتاريخ آخر ، سيتم الأخذ بهذا التاريخ نظرا لأهمية الدعوة
لذلك نعلن عن الحركات التالية التي تم التأكيد عليها

يوم الجمعة 9/1/2009

فيرول : الثامنة مساءا 20:00 ، أمام بناء المجلس الغاليسي في ساحة أمادا غارسيا
آس بونتيس : السابعة مساءا 19:00 ، احتشاد في ساحة المستشفى
بونفيرادا : الثامنة و النصف مساءا 20:30 ، في ساحة دار البلدية

يوم السبت 10/1/2009

بونتيبيدرا : الثامنة مساءا 20:00 ، مظاهرة موحدة في ساحة فيريريا
بيغو : السادسة مساءا 18:00 ، مسيرة من تقاطع الطريق الشمالي مع أورثايث حتى باب الشمس
سانتياغو دي كومبوستيلا : الثامنة و النصف مساءا 20:30 ، مسيرو من ساحة تورال حتى ساحة أوترادويرو ، حيث سيتم إلقاء بلاغا رسميا
آ كورونيا : الثامنة و النصف مساءا 20:30 ، احتشاد في ساحة أوبيليسكو


سيرحب في الاحتشادات و المظاهرات و المسيرات كل من يرغب بالمشاركة و ننادي المجتمع الغاليسي حضور هذه النشاطات


شعار المسيرة

GALIZA CON PALESTINA

NON AO MASACRE

غاليسيا مع فلسطين
لا للمذبحة

سيتم الإعلام عن المدن الأخرى حالما يتم التأكيد عليها

CONTACTO:
للمزيد من المعلومات

http://galizaporpalestina.blogspot.com/

galizaporpalestina@hotmail.com

gxpdireccion@hotmail.com

Asociación Galiza por Palestina:

  • Presidente: Xoán Gabeiras
  • Vicepresidenta: Laila Tillawi Quintela
  • Secretaria: Angela Gippini

مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين
الرئيس : شوان غابيراس
نائبة الرئيس : ليلى التلاوي كينتيلا
سكرتيرة : آنشيلا جيبيني

Comunicado para a Xornada Nacional de Mobilización por Palestina (10/01/09)

As persoas participantes nesta concentración queren manifestar o seu rexeitamento máis categórico aos ataques cometidos contra o pobo palestino, e a súa solidariedade total e o seu apoio ca causa palestina.

Chamamos ao pobo galego a sumarse á protesta.

No 2006, Israel, os EEUU, a UE e algúns gobernos árabes, especialmente a ditadura exipcia, non respectaron a decisión dun pobo cando estes estados presumen de ser países democráticos, dende entón Israel, aproveitándose da complicidade dos EEUU, mantén un cruel embargo sobre a Faixa con tráxicas consecuencias para a poboación, mentindo descaradamente cando responsabilizan a Hamás do ataque e da ruptura da tregua.

Foi Israel, quen en ningún momento respectou a tregua; asasinando a máis de...700.....palestinos, entre eles mulleres e nenos, bombardeando hospitais, escolas e barrios civís coa escusa de buscar militantes de Hamás, cando é sabido que Israel dispón de satélites de alta tecnoloxía para a identificación de individuais.

Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada unha poboación, a palestina, ocupar territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestruturas; casas; hospitais; centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU.

Queremos denunciar a complicidade do estado español que xunto coa UE, toma parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos. Alén do máis, o goberno do PSOE é cómplice activo ao venderlle ao exército israelí moitas das armas que está a usar.

Esiximos que:

  • Se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
  • Se deteñan tódolos ataques e bombardeos.
  • Abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á Faixa de Gaza puideron pasar.
  • A ONU lle outorgue a tódolos representantes lexítimos palestinos, incluíndo Hamás, a oportunidade de sentarse a mesa do diálogo ao igual que Israel.
  • O goberno de ZP rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel.
  • A Xunta de Galiza se pronuncie contra Israel e en favor do pobo palestino.
  • Se denuncie a venda de armas.
  • Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles.
  • Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais.

ALTO AOS ATAQUES EN PALESTINA

SOLIDARIEDADE TOTAL CO POBO PALESTINO

GALIZA CONTRA A AGRESIÓN

البلاغ الرسمي لليوم الوطني للحركة من أجل فلسطين10/1/2009

يعبر الأشخاص الحاضرين عن رفضهم المطلق للهجمات ضد الشعب الفلسطيني ، و تضامنهم الكلي و دعمهم للقضية الفلسطيني
ننادي الشعب الغاليسي أن يشارك في هذا الاحتجاج


في عام 2006 لم تحترم إسرائيل ولا أيا من الولايات المتحدة الأمريكية و بعض الحكومات العربية ، خاصة الدكتاتورية المصرية ، قرار شعبٍ ، و في نفس الوقت تفتخر هذه الدول بكونها بلادا ديمقراطية . ابتداءا من تلك السنة استغلت إسرائيل دعم الولايات المتحدة لها و شنت حصارا قاسيا على القطاع حيث ترتب على ذلك نتائجا مأساوية على الشعب الفلسطيني ، كما و كذبت إسرائيل عندما حمّلت حماس مسؤولية الهجمات و اختراق الهدنة . إنها إسرائيل التي لم تحترم الهدنة أبدا ، حيث قتلت أكثر من 700 فلسطيني من بينهم نساءا و أطفالا ، كما قصفت المستشفيات و المنازل و الضواحي المدنية بحجة أنها تبحث عن مناصري حماس ، لكنه من المعروف أن إسرائيل لديها أجهزة و أقمارا صناعية ذات تكنولوجيا عالية لتحديد الأفراد و إثبات هويتهم


تتبع إسرائيل سياسة معسكرات الاعتقال ، بهدف التحكم بالشعب ، و هو الشعب الفلسطيني ، و استعمار الأراضي و سرقة الموارد الطبيعية و هدم المباني التحتية و المنازل و المستشفيات و المراكز الثقافية و الاجتماعية دون أن تحترم القانون الدولي و لا علم الأمم المتحدة
نريد أن نبلغ عن الحكومة الاسبانية و الاتحاد الأوروبي بدعمها لإسرائيل عندما اتهمت الضحايا بتأدية عمل الجلاد . بالإضافة إلى أن حكومة الحزب الاشتراكي الاسباني يدعم اسرائيل حيث باعت للجيش الإسرائيلي كثيرا من الأسلحة التي يستخدمها حاليا


نطالب ب


تشجيع سياسات ناشطة متضامنة مع فلسطين


وقف الهجمات و القصف


فتح الحدود لادخال المساعدات ، خاصة معبر رفح ، حيث لم تصل نسبة دخول المساعدات في القطاع إلى 10 % من النسبة الكلية منذ عام

2006

أن تمنح الأمم المتحدة كل الممثلين الشرعيين الفلسطينيين ، و من بينهم حماس ، فرصة الجلوس على طاولة الحوار كما منحتها لإسرائيل

أن تنهي حكومة ثاباتيرو علاقاتها الدبلوماسية و الاقتصادية مع إسرائيل

أن يعلن المجلس الغاليسي أنه ضد إسرائيل و مع الشعب الفلسطيني

محاكمة بائعو الأسلحة

مقاطعة المنتجات الإسرائيلية و كل الشركات التي لديها علاقات اقتصادية مع إسرائيل

أن تكون الوسائط الإعلامية و الصحافة الدولية محايدة



أوقفوا الهجمات على فلسطين
التضامن الكلي مع الشعب الفلسطيني
غاليسيا ضد العدوان

miércoles 7 de enero de 2009

Conclusións Asemblea en Compostela o 7 de Xaneiro 2009


A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convocou a todos os colectivos e persoas interesadas na realización dunha asemblea nacional galega en repudio dos crimes sionistas e da ocupación de Palestina a unha xunta o pasado mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Acordos:

Ante a diversidade de entidades participantes , acordouse :

  • A Asociación Galiza por Palestina coordinará e organizará os distintos actos solidarios co pobo de Gaza.
  • Galiza por Palestina será a responsable de redactar a nota de prensa e os comunicados para as concentracións. Estes enviaranse ás asociacións solidarias para reenviar e ter a mellor repercusión posible.
  • Unificar todas as concentracións locais nun mesmo día: Unha Xornada Nacional de Mobilización por Palestina o Sábado 10 de Xaneiro, ás 20.30h nas principias cidades e vilas galegas.
  • Todas as propostas e os acordos locais poden enviarse ao enderezo galizaporpalestina@hotmail.com% ou gxpdireccion@hotmail.com para a súa pronta difusión.
  • En Compostela farase unha concentración no Toural, ás 20.30h e marcha cara o concello, onde se lerá o comunicado.
  • Acórdase manter unha Marcha Nacional en Compostela, o Domingo 18 de Xaneiro ás 12h con saída na Alameda.

Agardamos que enviedes urxentemente os lugares das concentracións.

Para máis información consultade o noso blog:http://www.galizaporpalestina.blogspot.com/

Temos tamén un modelo de faixa proposto e acordado en Asemblea


martes 6 de enero de 2009

DOCE REGLAS INFALIBLES PARA A REDACCIÓN DAS NOTIAS

1) No Oriente Próximo son sempre os árabes quenes atacan primeiro, e sempre é Israel quen se defende. Isa defensa chámase “represalia”.

2) Os árabes, os palestinos nin os libaneses teñen dereito a matar civiles. A iso chámaselle “terrorismo”.

3) Israel ten dereito a matar civís. Iso chámase “lexítima defensa”.

4) Cando Israel mata civís en masa, as potencias occidentais piden que o faga con maior comedimento. Iso chámase “reacción da comunidade internacional”.

5) Os palestinos nin os libaneses teñen dereito a capturar soldados israelís dentro das instalacións militares con centinelas e postos de combate. A iso hai que chamalo “secuestro de persoas indefensas”.

6) Israel ten dereito a secuestrar a cualquer hora e en cualquer lugar a cantos palestinos e libaneses desexan. A súa cifra actual ronda os 10 mil, 300 dos cuales son nenos e mil, mulleres. Non se precisa proba algunha de culpabilidade. Israel ten dereito a manter secuestrados presos indefinidamente, xa sexan autoridades democráticamente elexidas polos palestinos. A iso chámaselle “encarceramento de terroristas”.

7) Cando se menciona a palabra “Hezbollah”, é obligatorio añadir na mesma frase “apoiados e financiados por Siria e por Irán”.

8) Cando se menciona “Israel”, está terminantemente prohibido añadir: “apoiados e financiados polos EEUU”. Iso podería dar a impresión de que o conflito é desigual e que a existencia de Israel non corre perigo.

9) Nas informacións sobre Israel, hai que evitar sempre que aparezan as seguintes locucións: “Territorios ocupados”, “Resolucións da ONU”, “Violacións dos Dereitos Humáns” e “Convención de Xinebra”.

10) Os palestinos, o mesmo que os libaneses, son sempre “covardes” que se esconden entre unha poboación civil que “non os quere”. Se durmen na casa coa súas familias, iso ten un nome: “covardía”. Israel ten dereito a aniquilar con bombas e misís os barrios onde durmen. A iso chámaselle “acción quirúrxica de alta precisión”.

11) Os israelís falan mellor inglés, francés, castelán ou portugués que os árabes. Por iso merecen ser entrevistados con maior frecuencia e ter máis oportunidades que os árabes para explicar ao gran público as presentes reglas da redacción (da a 1 ás 10). A iso chámaselle “neutralidade xornalista”.

12) Toda-las persoas que non están de acordo coas sobreditas Reglas, son, e así debe facerse constar, “terroristas antisemitas de alta perigosidade”.


12 قاعدة لتحرير الأخبار
دائما يبدأ العرب في الشرق الأوسط بالهجوم . و دائما إسرائيل هي التي تدافع عن نفسها . هذا الدفاع يسمى انتقام لا يحق للعرب و
الفلسطينيين و اللبنانيين قتل المدنيين . هذا يسمى إرهاب

يحق لإسرائيل أن تقتل المدنيين . هذا يسمى دفاع مشروع

عندما تقتل إسرائيل حشدا من المدنيين ، تطلب القوات الغربية أن تفعله بأقصى اعتدال ممكن . هذا يسمى ردة فعل المجتمع الدولي
لا يحق للفلسطينيين و اللبنانيين أسر الجنود الإسرائيليين داخل أجهزة عسكرية تحتوي على نقاط مراقبة و قتال . هذا يسمى اختطاف أشخاصا غير محميين

يحق لأسرائيل أن تختطف أي عدد تتمناه من الفلسطينيين و اللبنانيين في أية ساعة و في أي مكان أرادته . إن عدد المختطَفين الحالي من قبل إسرائيل هو 10 آلاف مختطَف تقريبا ، منهم 300 طفل و ألف امرأة . لم يثبت أي جرم حتى الآن . يحق لإسرائيل أن تُبقي الأسرى لمدة غير محدودة بغض النظر عن كونهم قوات تم اختياهم بطريقة ديمقراطية من قبل شعبهم . هذا يسمى اعتقال ارهابيين

عندما تذكر كلمة حزب الله ، من الواجب إضافة في نفس الجملة مدعم و ممول من قبل سوريا و إيران

عندما تذكر كلمة إسرائيل ، يمنع منعا باتا إضافة مدعمة و ممولة من قبل الولايات المتحدة الأمريكية . هذا يمكن أن يعطي انطباعا بأن النزاع غير متساوي الأطراف و أن وجود اسرائيل في خطر

عندما يتم التحدث عن إسرائيل ، من الواجب تجنب بعض التعابير : الأراضي المحتلة ، قرارات الأمم المتحدة ، انتهاك حقوق الإنسان، اتفاقية جنيف

يعتبر الفلسطينيون و اللبنانيون جبناء ، حيث يلتجئون بين سكان مدنيين يرفضونهم . إذا ناموا في بيوت أهاليهم ، هذا يسمى جبن و يحق لأسرائيل أن تقصف الضواحي التي ينامون فيها بالقنابل و الصواريخ . هذا يسمى عمل جراحي بدقة عالية

يتكلم الإسرائليين الإنجليزية أو الفرنسية أو الاسبانية أو البرتغالية أفضل من العرب ، لذلك يتم مقابلتهم و إعطائهم فرصا أكثر من العرب لتوضيح للمجتمع هذه القواعد لتحرير الأخبار (من الأولى و حتى العاشرة) . هذا يسمى محايدة صحافية
يعتبر كل الأشخاص غير الموافقين على هذه القواعد إرهابيين ضد ساميين بدرجة عالية من الخطورة

CONCENTRACIÓN EN OLEIROS

O GOBERNO LOCAL CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN A FAVOR DO POBO PALESTINO E CONTRA O XENOCIDIO INFRINXIDO POR ISRAEL

A concentración terá lugar o próximo mércores día 7 as 12 horas fronte a casa do concello

Oleiros, 5 de xaneiro de 2009:
Ante o xenocidio ao que o estado de Israel está sometendo ao pobo palestino e que recrudeceuse ao longo dos últimos dez días nos que o exercito sionista asasinou a máis de 500 persoas e feriu a outras 2.500 na franxa de Gaza, o Goberno local de Oleiros convoca unha concentración na que se esixirá o cesamento das hostilidades e demandarase a mediación da ONU. Así como unha maior presión por parte do Goberno da UE. A concentración silenciosa celebrarase o vindeiro mércores día 7 ás 12.00 horas fronte á casa consistorial. O Goberno local de Oleiros denuncia a falta de compromiso co pobo palestino por parte da comunidade internacional ante a masacre levada a cabo por Israel. Paremos o xenocidio!

CONCENTRACIÓNS CONTRA AS MASACRES SIONISTAS

Dada a crítica situación que sigue sufrindo o pobo palestino Galiza por Palestina chama a aqueles que están en contra dos crimes de guerra a solidarizarse e asistir a dúas concentracións para reclamar o alto do fogo:

Oleiros: as 12:00, día 7 de xaneiro (frente o Concello de Oleiros).

As Pontes: as 19:30, día 9 de xaneiro (Praza do Hospital).

Rógase a asistencia e a difusión.

TODOS EN CONTRA DOS CRIMES SIONISTAS!!!!

lunes 5 de enero de 2009

CONVOCATORIA NACIONAL POR PALESTINA

Ante as distintas xuntas convocadas en varios lugares de Galicia para organizar manifestacións de solidariedade co pobo palestino, Galiza por Palestina quere manifestar o seguinte:

1) Seguimos apoiando todas as manifestacións e mostras de solidariedade que o pobo galego realice cara o pobo heroico de Palestina. Agradecemos e impulsamos, na medida das nosas forzas, todas e cada unha delas.

2) Acudiremos ás xuntas locais para organizar as mostras de solidariedade sempre que poidamos facelo. A nosa intención é sumar esforzos e evitar un certo caos na organización destes a petición de moitas das persoas e organizacións participantes nas mesmas.

3) Mantemos a convocatoria de xunta nacional en Santiago de Compostela para o mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galeria Sargadelos da rúa Nova.

4) Sabemos que hai xuntas ese mesmo día e a horas similares, sabemos tamén que tais xuntas foron convocadas de boa fe, non coa intención de boicotear outras, e que a causa das coincidencias é a urxencia e gravedade da situación en Palestina, polo que, para facilitar a coordenación entre todos, propoñemos que de non ser posible unha única manifestación nacional galega contra o ataque sionista a Gaza, cando menos se concentren as distintas manifestacións locais nun mesmo día para darlle unha maior repercusión popular e mediática como xornada de mobilización nacional en solidariedade con Palestina.

Agardamos a vosa presencia e agradecemos que difundades no posible este comunicado.

Galicia, 5 de xaneiro do 2009

sábado 3 de enero de 2009

دعوة لتظاهر وطني


بسبب مطالبة بعض الأشخاص و منظمات سياسية و اجتماعية و هيئية و ثقافية حيث حضروا الاجتماعات ضد العدوان الصهيوني على الشعب الفلسطيني في غزة ، قررت مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين أن تنادي المؤسسات و المنظمات و الأشخاص المهتمين بتنظيم مظاهرة وطنية غاليسية لرفض الجرائم الصهيونية و احتلال أرض فلسطين


سيتم الاجتماع يوم الأربعاء الموافق 07 كانون الثاني ، الساعة 19:00 في معرض سارغاديلوس في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا . (شارع : روا نوبا)


نرجوا الحضور و نشر هذا الاجتماع بين كل المهتمين ، بالإضافة إلى التأكيد على الحضور بالارسال على العناوين الالكترونية التالية


Convocatoria Nacional por Palestina


A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convoca a todos os colectivos e persoas interesads na realización dunha asamblea nacional galega en repudio dos crimes sionistas e da ocupación de Palestina a unha xunta o vindeiro mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova).

En réxime de autoconvocatoria, pedimos que acudades e difundades esta xunta entre todas as persoas interesades e nos confirmedes a vosa asistencia aos nosos correos electrónicos:

بدأت المرحلة الثانية للهجوم الصهيوني

بدأت المرحلة الثانية للهجوم الإسرائيلي على الشعب الفلسطيني في قطاع غزة مساء اليوم الموافق الثالث من شهر كانون الثاني . حيث أطلقت الدبابات الإسرائيلية النيران في شمال القطاع عندما بدأت بدخول الأراضي الفلسطينية
تعبر غاليسيا من أجل فلسطين تضامنها مع شعب غزة و تدين العدوان العسكري الإسرائيلي . نطالب بوقف إطلاق النار و سحب القوات الإسرائيلية من الأراضي الفلسطينية و وقف المذابح و المجازر المرتكبة بحق الشعب الفلسطيني
مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين

A SEGUNDA ETAPA DA INVASIÓN SIONISTA COMENZOU

Hoxe, sábado día 3 de xaneiro, comezou pola tarde a segunda etapa da invasión israelí sobre o pobo palestino na franxa de Gaza. Os tanques israelís abren fogo no norte da franxa oa iniciar a súa incursión no territorio palestino.
Galiza por Palestina quere mostrar o seu apoio ao pobo de Gaza e condena a agresión militar israelí. Esiximos o alto do fogo, a retirada das tropas israelís do territorio palestino e o cese das matanzas e as masacres que se están a cometer contra o pobo palestino.

Galiza por Palestina.

500 persoas concentráronse en Vigo en repulsa do masacre israelí en Palestina

Preto de 500 persoas participaron na concentración que tivo lugar na cidade de Vigo o pasado venres 2 de xaneiro ás 20h, diante do MARCO, en repulsa dos bombardeos israelís na Faixa de Gaza, en Palestina.

No acto berráronse consignas en favor do pobo palestino e reclamando o cesamento dos bombardeos e a fin da ocupación israelí.

Unha representante da Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, foi a encargada de dar lectura en nome de todas as organizacións convocantes dun manifesto, no que se condenaba activamente o masacre contra Palestina, e se solicitaba a imposición de sancións internacionais, e a ruptura de relacións económicas e diplomáticas, co estado de Israel.

O acto que finalizou cun minuto de silencio en lembranza das vítimas, foi convocado pola Asociación Galiza por Palestina, Galiza Nova, Comités, Confederación Intersindical Galega (CIG), Bloque Nacionalista Galego (BNG), Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), Marcha Mundial das Mulleres, Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo e a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

MANIFESTO
Gaza: Deteñamos o exterminio do pobo palestino!
Nestes últimos días a aviación israeliense está a realizar intensos bombardeos sobre o territorio palestino da Faixa de Gaza. O número de mortos xa supera os catrocentos e o de feridos elévase a máis de 1800 persoas. As vítimas desta agresión intencionada e ilexítima non só son combatentes palestinos, senón sobre todo a poboación civil indefensa.

Foron tamén destruídas instalacións civís, como a universidade ou edificios da administración pública, baixo a falaz escusa de que son instalacións terroristas, mais este argumento é completamente inaceptábel.

Ademais dos bombardeos sistemáticos, Israel concentrou gran cantidade de tanques e tropas na fronteira coa Faixa de Gaza, como paso previo a unha máis que probábel invasión terrestre. Intensificouse tamén o asedio ao que foi sometido dende fai meses este territorio, bloqueando a entrada de subministros elementais para a poboación civil.

Nunha demostración máis das intencións do goberno israelí, o ministro de Defensa Ehud Barak declarou o país “totalmente en guerra” contra os palestinos.

A paz na rexión semella cada vez máis lonxe e só se poderá converter en realidade cando sexan respectadas a soberanía e a independencia dos países do Oriente Medio, e atendidas as lexítimas reivindicacións históricas do pobo palestino.

As organizacións aquí presentes convocamos a toda a sociedade viguesa, para expresar con rotundidade a nosa profunda e activa repulsa contra deste masacre que o único que pretende é someter pola vía da violencia ao pobo palestino.

Esiximos o inmediato cesamento dos bombardeos, a suspensión das hostilidades e do feche na fronteira coa Faixa de Gaza.

Solicitamos a imposición de sancións internacionais contra do estado de Israel, así como a suspensión de toda relación económica e diplomática, polo seu reiterado incumprimento dos mandatos da ONU, e tendo en conta que os bombardeos contra obxectivos civís, están tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra.

Finalmente facemos un chamamento aos traballadores, á mocidade, ao conxunto da sociedade, a sumarse ao clamor internacional en defensa do pobo palestino e da paz no mundo, reafirmando ao tempo o apoio á loita polo fin da ocupación, e pola creación do estado libre e independente de Palestina.

VIVA PALESTINA LIBRE !

Masiva resposta na Coruña a convocatoria de Galiza por Palestina

Galiza por Palestina quere agradecer a todo-los coruñeses que onte participaron na nosa convocatoria en apoio o pobo palestino. Case medio millar de persoas se achegaron a nos para protestar polos bombardeos xudeos a cidade de Gaza e a masacre de homes, mulleres e nenos palestinos. En especial a nosa moderadora, a actriz Isabel Martinez Risco. Animamos a todo-los galegoa a apoiar tamén as convocatorias para concentrarse hoxe en Vigo e en Ponteareas. Todos xuntos por Palestina.

تشكر مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين كل أهل آ كورونيا ، حيث شاركوا دعوتنا للتضامن مع الشعب الفلسطيني . لقد حضر نصف ألف شخص تقريبا للتظاهر ضد القصف اليهودي على مدينة غزة و المذابح المرتكبة ضد الرجال و النساء و الأطفال . نهدي شكرا خاصا للفنانة الممثلة إيزابيل مارتينس ريسكو . و نشجع كل الغاليسيين لدعم كل الدعوات للاحتشاد اليوم في مدينتي بيغو و بونتيآرياس . كلنا موحدون من أجل فلسطين