3 ago 2009
15 may 2009
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRÓNICA 9
Normalmente, os estados que se din democráticos teñen exércitos para que defendan (teóricamente) a súa poboación civil. No caso sionista é ao revés. O exército ten u
Pero volvendo a nós, a santa cuna da democracia e as liberdades, que fai Europa? que facemos ante o muro da vergoña, un muro que pesa sobre todos os seres humanos como unha lousa de morte e miseria? que fai o goberno Zapatero, ademais de venderlles armas aos sionistas e despois decir non foron usadas nas masacres de nadal en Gaza? que máis fai a Unión Europea ademais de regañar feblemente a comandancia xeral dese exército de ocupación que eles chaman goberno israelita mentres os tanques destrúen os hospitais palestinos financiados cos impostos de todos nós?
Sacamos as tropas españolas de Irak e non imos tirar un valado de 8 metros de alto que estrangula lentamente á poboación civil indefensa e inocente? saímos ás rúas e botamos un goberno mentiroso e cobarde pola guerra en Irak e non imos tomar os estrados e os medios de comunicación para acabar con este holocausto? que lles imos dicir ás vidnerias xeracions, que estabamos ocupados vendo o 2 a 6 da Liga mentres en Palestina esnaquizaban un pobo e á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, torturando a ambos os dous en celas de 1 metro por 2?
O exército de ocupación israelita non só okupa inxustamente e de xeito criminal uns territorios en Oriente Medio, está okupando a nosa conciencia como seres humanos, non so humillan a palestinos e palestinas, humillan a toda aquelas persoas que sintan que forman parte dun ben común chamado humanidade.
Iván Prado
10 may 2009
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 8
Ivan Prado
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 7

Onte foi o dia máis estraño de toda a miña vida. Empezarei polo final a modo de conta atrás. Tres da mañá. Salón da casa dos pais do responsable da organización que nos trouxo a Nablús. Retirámonos á cama despois dun debate de toda a caravana sobre a resistencia armada, o motivo: temos adrenalina para cazar unha manda de elefantes e logo botar unha pachanga.
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 6

Onte chegamos a Nablús, o corazón da resistencia palestina. Os israelitas chámanlle a fábrica palestina de terroristas e aquí atopeime por primeira vez coa morte. De camiño para a nosa actuación nun campo de refuxiados cercano á cidade, nun adiantamento absolutamente temerario, o noso chófer perdeu o control e a unha velocidade vertixinosa saiuse da estrada, batendo contra un edificio.
O coche quedou inservible e nós saimos vivos de milagre desa caixa de mistos polo noso pé, se ben fomos axudados pola Media Lúa vermella. O primeiro que fixemos nada máis ver que podiamos camiñar Laila e máis eu foi botar a rir e gastarlle bromas ao das ambulancias, de feito cando nos pediron ir ao hospital eu respondín que non podiamos que tiñamos que ir facer unha actuación en 15 minutos e que logo xa veriamos se pasabamos por alí. Pero xa cos papeis firmados deime conta que estaba con Laila, e que dalgún xeito era responsable da misón, e como Isaac ía noutro coche el podería facer a función e nós ir ao hospital. Así que cambiei de idea e con todo asinado díxenlles que si que marchabamos ao hospital.
De camiño para alí deume por facerlle o xogo que me bautizou en Chiapas, o Lokonuk (pescozotolo) e fíxenlles un número de maxia que simula como o meu pescozo estala. Que mala idea! Acabei entrando no hospital cun collarín incomodísimo e botado na camilla.
A atención médica foi extraordinaria, por certo por fin averiguei o meu tipo sanguíneo, e despois de ir dar parte á comisaría fomos para casa da familia que nos acolle nesta cidade. Se na estrada case morro, na casa desta xente volvín nacer.
Son unha entrañable parella de anciáns que nos acollen cunha comida típica palestina exquisita. Desde que entramos todo son coidados, amabilidade xestos de cariño e respeto, pero para cando chegamos aos postres, as historias que nos contan nos deixan o corazón xelado.
Nesa casa entrou (como na maioría dese barrio) o exército israelita ducias de veces para mantelos retidos e utilizalos de escudo humano diante da resistencia armada palestina. Ao fillo disparáronlle mentres estaba na terraza estudando, e de camiño ao hospital pillárono, espírono, déronlle unha malleira e tivérono 6 horas desangrándose, ata que a súa nai atravesou o cordón militar enfrentándose ao exército e conseguiu finalmente liberalo e sacalo a pé ata o
Esa mesma muller que nos serve o té que se parece enormemente á miña avoa, esa nai coraxe, case a matan mentres rezaba. Un dos versos do Corán no que se agochaba salvouna do disparo que quedou inmortalizado no armario roupeiro que está na habitación principal da casa, onde por certo pasamos a noite, mirando para os buratos de balas do tellado.
Mentres imos para a cama, o fillo danos as últimas indicacións do que debemos facer se entran de novo os soldados israelitas. Noite si e noite tamén toman a cidade a partir das 12 da noite e van entrando arbitrariamente nas casas para humillar, maltratar e roubar á sociedade civil.
Esperto pola mañá e vexo que sigo vivo, que os militares non entraron esta noite na cidade e non houbo máis disparos na casa, esperto e vexo que sigo vivo e que a xente nesta cidade segue co seu día a día, sabendo que ese pode ser o último. Esperto e algo en min cambiou. Parece que a vida é distinta cando cada día se convirte nun presente.
Esta noite volveremos a esa casa, a esa habitación con rastros da violencia xudea e volverei pechar os ollos sen saber se cando os abra terei un neno sionista apuntándome cun 16 mm
Ivan Prado
8 may 2009
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 5
Eu son de Lugo, unha das poucas cidades no mundo nas que se pode camiñar sobre unha muralla romana de máis de dous quilómetros, pero hoxe en Palestina exercín de asaltador de murallas modernas.
Hoxe atentamos ludicamente contra o valado da vergoña , no noso terceiro día en Qalqilya decidimos Isaac , Laila, Edu e máis eu ,acompañados de varios compañeiros palestinos do Frente Popular, levar a cabo unha acción de rebeldía pallasil contra a construción actual que máis vulnera os dereitos humanos no mundo.
8 m de alto, alambres eletrificados, torretas cheas de ametralladoras, cámaras de vídeo, patrullaxes as 24 horas do día, todo un sistema carcelario imposto a un país enteiro que se ve atravesado por unha ferida de cemento gris e xenocida, si, xenocida, porque este valado non só separa cidades, barrios pola metade, familias enteiras, non, tamén separa a milleiros de campesiños das súas terras, terras que en moitos casos, como aquí en Qalqilya, son as mellores terras , as que mais auga teñen, e que sen elas vense abocados á mendiciade e á miseria.
Cercar a poboación palestina, impoñerlles esta guillotina na súa terra é o xeito mais diabólico de ocupación. Os xudeos teñen o dereito ao igual que o resto da humanidade a lamentarse dos guettos nazis como o de Varsovia, e eu pregúntome daquela que é isto senón un inmenso e sangrante guetto? Como chamar ao feito de que quilómetros e quilómetros de grises muros impiden a xente sair das súas vilas, camiñar polas súas rúas, seren libres no seu propio país.
Durante a segunda Guerra Mundial, a humanidade viviu un dos seu peores episodios -sen lugar a dúbidas- dentro dese capítulo escuro das sociedades modernas. Os guettos e os campos de concentración foron os exercicios máis doentes daquela época , pero acaso hoxe o goberno israelí que se di democrático non está reproducindo unha versión actualizada e tecnificada do nazismo? Acaso plantar unha cárcere ao redor dos soños e as esperanzas dun pobo non é un xeito de opresión, incluso máis fascista que a que exercen nos calabozos do Mosad, ou cos bombardeos indiscriminados sobre a poboación civil en Gaza?
Cercar as vidas da xente con vontade de eternizar este conflito é un ultraxe para toda a humanidade. Non podemos sentirnos libres en ningunha parte do mundo mentres un palestino non sexa libre de camiñar polo seu país sen atoparse cunha lápida de 8 metros de alto que lle di que non ten dereito a ser persoa.
Hoxe tiramos narices vermellos e tamén pedras, atravesamos virtualmente o valado, démoslle tartazos, pintamos LONGA NOITE DE PEDRA en vermello sobre esa pel gris de inxustiza fosilizada... Hoxe exercemos de vox populi, de embaixadores da risa rebelde en nome de moita xente que no mundo sente como ese valado pesa no seu corazón, porén, cando marchamos, na nosa conciencia resoan as palabras dun compañeiro noso: "sabemos cando o construiron pero non sabemos cando o poderemos derrubar, cecais o meu tataraneto me mande unha postal á tumba coa foto do valado derrubado".
E a min gustaríam e, saeme do corazón berrarlle que non, que el verá, que xuntos veremos como o valado cae, como camiñaremos sobre os seus bloques de morte e mentira, como poderemos brincar dun lado ao outro como se o espello de Alicia fose. Gustaríame abrazalo e dicirlle que os nosos fillos xogarán nos dous lados do valado porque non existirá unha fronteira ante a felicidade dun pobo, que na miña terra hai moita xente disposta a sair as rúas para tumbar ese valado aínda que sexa na distancia.
Hoxe marchamos para casa cun sabor agridoce nos beizos e unha promesa no corazón. Ese valado caerá, tal e como caeron outros antes, porque máis pronto que tarde o torrente que a humanidade é derramarase sobre estas terras para que vexamos brotar de novo mil primaveras mais.
7 may 2009
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 4

Pola tarde, mentres Isaac se recuperaba dunha viaxe accidentada na que o retiveron en Barajas e en Tel Aviv para revisarlle a equipaxe e acribillalo a preguntas intimidatorias, eu impartín un obradoiro para unha vintena de traballadores sociais, educadores e psicólogas que atenden á xente de Qalqilya e arredores, unha poboación especialmente afectada polas incursións israelís do 2001 e 2002 e que padecen constantemente vexacións e atropelos por parte do exercito israelí, xente que ten familia no cárcere ou no cemiterio dos mártires, que ve como os seus fillos teñen unha lousa sobre o seu futuro chamada ocupación.
Esa noite alóxannos nunha casa de xente do Frente Popular, loitadores sociais que coñecen o cárcere na súa pel, que as perdas familiares non lles son alleas e que detrás do seu amable rostro e a sua seria presenza tamén se agochan acedas bágoas de emoción pola súa patria. A velada trascorre entre unha pseudo-paella elaborada por Edu e profundas conversas políticas. Nesta casa chea de fotos do Che, os cantos do Imán desde o minarete da mezquita, lémbrannos que este país árabe, en construción, vive nun permanente experimento entre as tradicións relixiosas e as loitas políticas.
Ao día seguinte desprazámonos a unha vila rural preto de Qalqylia ante a ameaza de non poder sair, xa que os israelitas atoparon unha bomba no chekpoint que bloquea a cidade. Aínda así conseguimos atravesalo para actuar diante de case 200 pequenos ás doce da mañá baixo un sol de xustiza, nun patio de colexio que podería ser o de calquera vila pequena de Galicia, coa diferenza de que a rapazada que nos recibe canta cancións de liberación nacional en vez da última do Xabarín Clube e o seus xoguetes non son coches teledirixidos senón maquetas das tanquetas xudeas.
Rematamos a función facendo equilibrios e figuras acrobáticas mentres eles nos rodean batendo palmas e cantando, para cando chegamos á sala de profesores todo o mundo nos espera para darnos as grazas e ofrecernos o seu abrazo. Ao mediodía xantamos na casa dun labrego que ten as súas terras máis alá do valado. Comida, té e palabras comprometidas. Mentres os israelís só nos ofrecen violencia e represión, os palestinos regálanos un lugar cálido no seu corazón.
Será que o camiño da esperanza comeza nesta terra de oliveiras e dignidade.
3 may 2009
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 3
Metáfora de sufrimento e esquizofrenia colectiva.
Durante a nosa viaxe no 2003 intentamos ir actuar alí pero non o conseguimos. De feito, a anterior caravana anterior á nosa de Pallasos Sen Fronteiras acabou apedreada polos propios rapaces. 6 anos máis tarde chega o meu primeiro traballo nestas terras de dignidade e xenocidio.A xente do circo palestino lévanos a traballar en dous centros, un para mulleres maltratadas, violadas e torturadas. Esta guerra é así. Non hai medias partes nin descanso para as máquinas do terror. O outro grupo é de xente nova que leva un tempo practicando con eles as artes circenses como xeito para fuxir da barbarie.
O día anterior, durante case unha hora adoutrínanme sobre as grandes dificultades para traballar con estes grupos. Elas son moi tímidas, non se van tirar ao chan , non van brincar non van correr, nin sequera se agochan a recoller os malabares cando caen ao chan. Porén, sempre segundo a xente do circo, os novos son moi violentos, están moi tensos e pertencen a familias moi machacadas.
As mulleres recíbenme na distancia. Van tapadas da cabeza aos pés aínda que por baixo dos traxes levan zapatos de tacón, o mellor calzado para unha sesión de risoterapia. Non as podo tocar nin mirar moito. As directoras do centro retíranme a man de forma cortés para saudarme cunha man no peito... Ben, o caso é que xa estou aquí e formo parte dunha internacional da risa revolucionaria que cre fondamente que, sen esperanza, os pobos non podemos conseguir a liberación, así que me lanzo ao traballo sen rede de protección nin paracaídas. Que sexa o que Alá queira.
Iniciamos o obradoiro con mestras mirando sentadas mentras fan calceta e as mulleres participantes a dez metros de distancia de min. Rematamos con elas abrazadas, bailando, saltando chorando e rindo como nunca o fixeran na súa vida. Ao final, ata as mulleres mesmas viñan saudarme e falar conmigo.
Eu non traballo a risoterapia senón a humanoterapia, abrirse de arriba a abaixo, demostrar o poder do ridículo, desvelar as enerxías que nos unen e, finalmente, visualizar o potencial que aniña nos nosos soños.
3 horas que, segundo os organizadores e incluso os reponsables políticos dos programas culturais de Yenin, cambiaron as vidas destas mulleres. As palabras que máis sairon neste obradoiro foron liberdade e revolución. Así me agradecian a ínica virtude que posúo como dinamizador de grupos, a verdade radical coa que me lanzo nestas experiencias humanas.
Pola tarde e co subidón da experiencia nuclear que acabamos de vivir, imos ao segundo lugar de traballo. Polo camiño, a xente do circo palestino, que non o pode crer, non deixa de comentar a experiencia. Están tan agradecidos que os seus ollos, cando falan conmigo alumean coma faros.
Empezamos o segundo obradoiro con dez rapaces. Eu abórdoos nas escaleiras, métome con eles, fágolles chistes... Ao final acabamos bailando as súas danzas tradicionais, sacándonos fotos, abrazándonos comos se fosemos veciños de toda a vida. Xente cunha dor terrible pero capaz de acollerme coma o seu irmán.
Mentres nos cambiamos na parte de atrás dun ultramarinos, comezan as historias. Un fálame da súa familia maltratada pola ocupación e outro de como fai un par de anos, mentres xogaba un partido de fútbol, veu como un helicóptero isarelí mataba diante dos seus ollos un rapaz que coma el apenas pasaba dos 12 anos. O seu delito era xogar ao fútbol e non chamarse Ronaldinno nin Raúl, senón simplemente Mohamed.
Esta guerra contra a vida ten coordenadas moi claras. Os israelís mantéñense en Palestina a costa de matar, torturar e humillar a poboación civil que ten como horizonte o Mediterráneo e as súas oliveiras. Mentres tanto, os nosos gobernantes fan reunións nas que negocian a canto sae o cadáver de neno palestino no mercado de valores.
Cando marchamos para Ramala, unha das mulleres que nos acompaña dime cunha mirada vidrosa que nunca na súa vida vira rirse dese xeito a esta xente. Será que a rebeldía fai que o amor entre os seres humanos sexa tan radical e transformador que ata a ocupación asasina se difumina durante unhas horas. Que poderiamos facer se en vez de exércitos bélicos armásemos guerrillas da risa activa e comprometida?
2 may 2009
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 2
Esta é a primeira crónica que escribo nos 5 días que levo en Palestina e apenas vexo o teclado por mor da choreira incontrolada que me deu ao despedirme da xente do circo palestino. A despedida tivo lugar despois dun intenso obradoiro que demos en Hebrón, unha cidade palestina ocupada onde a poboación local ten que compartir espazo con colonos armados e protexidos por exércitos particulares que, ao igual que nas películas do Oeste, teñen atemorizada a toda a sociedade civil.
A verdade é que con tanto traballo, viaxes, xuntanzas e sobre todo emocións desbordantes non atopaba gañas nin tempo para escribir as crónicas. Creo que é a primeira vez que tardo tanto en comezalas pero hoxe, recluído na parte traseira da furgoneta e parapetado entre as mochilas de viaxe e malabares, sinto a vertixe que produce este país.
Hai algo esencial en Palestina, algo vital contra o que a maquinaria nazi dos israelitas non pode. Estou chorando ante o impacto nuclear que me xera un baño de realidade. Síntome como se me mergullase nunha piscina de magma na que non chego a arder pero que queima por dentro as miñas entrañas.
A xente do circo palestino é a mellor metáfora do que a esperanza implica para o ser humano, persoas que levan as artes circenses ao corazón do conflito que é o mesmo que o propio corazón da humanidade.
Todos falan ante as nosas cámaras, todos teñen palabras que removen a nosa alma. Un fala do compañeiro de xogos que mataron nos seus brazos e como a impotencia de non podelo levar a rastro a tempo ao hospital aínda o persegue hoxe. Outro fala dos seus soños como palestino e home de circo, soños que soan sinxelos ante a cámara pero que están cargados de vida e resistencia.
Neste intre venme á cabeza un verso en árabe clásico que tallaron na lápida dun guerrilleiro palestino: “Non serei servo de ninguén porque non vivirei mais que unha vez e fareino con dignidade”.
Bágoas e risas que tiran muros interiores, que liberan corpos e espazos, que crean colchóns de esperanza ante tanto terror e inxustiza. Choro, pero non deixo de rir, porque no fondo sei que estamos abocados á felicidade.
28 abr 2009
Pallasos en Rebeldía dende Palestina: CRONICA 1

No aeroporto de Ben Gurion, deteñen a Laila pola súa ascendencia palestina. O seu apelido fai sospeitar á xudia de cor que se atopa metida nesa garita tuneada coa que xa te humillan nada máis chegar a Isarel. Lévana á parte cando se enteran de que o seu pai naceu en Yenin e a nós déixannos marchar, pero Edu e eu decidimos que un de nós fica na antesala do inferno para non deixar soa a Laila, así que me armo de valentía ignorante e, co meu inglés do Porriño, voume para enriba dun armario con patas e traxe de torturador e pregunto pola miña amiga.
Total, que me quitan o pasaporte e me meten nunha saliña pola que van pasando, como no bar intergaláctico de "La guerra de las galaxias" todo tipo de especímenes, desde mexicanos de camiño a Xerusalén en santa peregrinación ata árabes con pintas de dedicarse ao tráfico de armas e outras especies. Ninguén me explica nada pero eu tamén estou retido, non entendo o idioma do país e non teño papeis. Agora comprendo un chisco máis os africanos que chegan ás nosas costas.
Laila vai entrando e saíndo de varios interrogatorios e de vez en cando déixana vir conmigo, así ata que na quinta visita ao kafkiano aparato sionista, obrígana a abrir o seu correo e descobren ao que realmente vimos, momento no que nos amezan con botarnos do pais e obríganme a entrar na sala de interrogatorios.
Eu canso, farto e de mala hostia, decido que se me van botar polo menos que sexa con clase. Mensaxes e chamadas ao consulado e a Edu, que está fóra esperándonos coas maletas, aos primeiros para pedirlles axuda (cousa que non serviu para nada) e ao segundo para que fuxa e se esconda (cousa que tampouco funcionou porque el decidiu que, se nos botan, solidariamente, regresa con nós).
Total, que entro e decido sentarme nunha cadeira que queda baleira, iso si, está ao fondo e na esquina do cuartucho, cousa que cabrea moito a señora e nun inglés vomitado bótame unha berradura e dime que me arrime, ao que eu lle contesto coa miña estudada frase "sorri ai an non espikin inglis". A señora -de mala hostia- responde que non me preocupe, que ela sabe español, pero eu entendo o contrario e respondo que "eso yes is a problem", e a señora responde que o problem o teño eu e moi big, vamos que Faemino e Cansado estarían felices de copiar estes diálogos.
Logo mándame buscar o billete de volta en papel, cousa moi anticuada porque xa fai tempo que todo isto funciona por Internet. Dígollo e ameaza con botarme do país. Ademais empeza a berrar que non temos billete, e eu a dicirlle que si, que está en Internet, e ela a dicir que non temos billete e que nos bota. Despois dun anaco de ping - pong finalmente mándame mirar o meu correo, así que movo a pantalla para min e a paisana móvea para ela, eu para min ela para ela, e a quinta vez deste valse dos idotas cabréase tanto que nos bota da habitación. Home, era o que faltaba que fora eu abrir alí diante desa represora o meu correo.
Cinco horas despois da nosa chegada, estabamos libres. Isarel é un estado ilegal e ademais maleducado que non entende que as persoas somos seres vivos e non pezas dunha cadea de montaxe. Se chegan a saber que eu me apelido Fernández e que, posiblemente, algún antergo meu lle prendeu lume a algunha casa de xudeos no Medievo español, ao mellor aínda seguiamos alí encerrrados.
Na porta hai un enorme cartel que pon "Welcome a Isarel", e eu penso que deberían engadir: "As autoridades isarelís infroman que ser persoa neste país prexudica seriamente a súa estadía nel".
19 abr 2009
A nosa compañeira Laila Tillawi con "Pallasos en Rebeldía" na Palestina
Pallasos en Rebeldía leva o espírito do clown a Palestina nunha campaña de quince días polo país
MARÉ . SANTIAGO
Do 21 abril ao 5 de maio o colectivo galego Pallasos en Rebeldía levará o espírito do riso e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda embárcanse nesta caravana solidaria que pretende impartir obradoiros de clown, risoterapia e, así mesmo, realizar diversas actuacións, ademais de capacitar os integrantes do circo palestino en técnicas de clown e a traballadores sociais en técnicas de risoterapia.
Pallasos en Rebeldía achegarase a distintias zonas, entre elas Ramallah, Qalqiliya, zona vella de Xerusalén, Belén, Hebrón, Nablus, Jenin, Tulkarem e alguhas vilas e pobos, así como nos campos de refuxiados, en escolas, centros culturais, sociais e xuvenís.
No que respecta á composición da caravana, o colectivo galego de clown e solidariedade estará composto polos dous clowns mencionados anteriormente, ademais de por Laila Tillawi Quintela, que se encargará da tradución e Eduardo Segurado, que tomará imaxes e rexistrará o paso deste furacán riseiro por terras palestinas.
O director do Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, Iván Prado, volve a Palestina logo dunha primeira viaxe en 2002. Colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa. Como significativo da viaxe solidaria, atópase o gran traballo realizado cos nenos refuxiados en campamentos.
Desa viaxe fíxose un documental, asinado por Mikio Tsunekawa e titulado Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso.
O clown galego solidario, Iván Prado, voltará a Palestina o próximo 21 de abril ata o 5 de maio, acompañado do seu compañeiro de profesión, Isaac Rodríguez, da tradutora Laila Tillawi e Eduardo Segurado, que tomará as imaxes.
Prado, que ademais é director do Festival Internacional de Clown de Galicia, xa visitou Palestina hai sete anos e agora continúa demandando deste xeito «xustiza e humanidade». O obxetivo é similar ó actual: denunciar a presión á que está sometido o pobo por Israel, e nesta ocasión impartirán obradoiros de clown e risoterapia e ofrecerán algunhas actuacións.
Pallasos en Rebeldía achegará esta risa solidaria a varias zonas, entre elas Ramallah, Qalqiliya, Belén ou a zona vella de Xerusalén. Tamén estarán en campos de refuxiados, escolas, centros culturais e sociais, etc.
Esta iniciativa foi financiada pola Coperactiva Cultural en Galicia, e por diversas institucións palestinas.

A NOSA TERRA:
Redacción . O colectivo galego regresa, sete anos despois, para levar o riso e o clown a Palestina e denunciar 'a continua e reiterada' opresión israelí.
Imaxe de Pallasos en Rebeldía Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda emprenden esta caravana solidaria para impartir obradoiros de clown e risoterapia, ao persoal do circo palestino e aos traballadores e traballadoras , amais de realizar diversas actuación. Estarán en Ramallah, Qalqiliya, a zona vella de Xerusalén, Belén, Hebrón, Nablús, Xenín, Tulkarem e algunhas vilas, amais de nos campos de refuxiados, en escolas, centros culturais, sociais e xuvenís.A estes dous clowns acompáñaos Laila Tillawi Quintela, que se encargará da tradución, e Eduardo Segurado, que tomará imaxes e rexistrará o paso deste "furacán riseiro" por terras palestinas. Pallasos en Rebeldía conta para este proxecto con financiamento de Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer (que significa literalmente "Conciencia" e traballa cos presidiarios e ex-presidiarios, especialmente mulleres, nenos e fillos de presidiarios) en Palestina. O director do Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, Iván Prado, volve a Palestina logo dunha primeira viaxe en 2002. Daquela, a viaxe fora filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso, un filme de produción catalá chilena e palestina. Foi gravado principalmente en campamentos de verán organizados pola Media Lúa Vermella Palestina, dende os campos de refuxiados da Al-Arub, no distrito de Hebrón, até o outro extremo do territorio, entre outros lugares aos que levar risas e emocións.
http://www.anosaterra.org/nova/pallasos-en-rebeldia-volven-a-palestina-.html
1 mar 2009
25 feb 2009
Conferencia de Juani Rishmawi no auditorio de Caixa Galicia
15 feb 2009
Visita da nosa compañeira Juani Rishmawi a Galiza e actividades previstas en febreiro

Luns, 16:
A Coruña:
11’10: Chegada ao aeroporto de Alvedro.
13’00h: Recepción na Deputación Provincial da Coruña.
20'30h: Xunta con Galiza por Palestina no Centro Social Gómes Gaioso.
Martes, 17:
A Coruña:
10'00h: entrevista en Radio Coruña (SER).
Melide:
12’30h: Recepción no Concello de Melide pola alcaldesa, Socorro Cea.
A Coruña:
16'00h:Entrevista para Xornal de Galicia.
Mércores, 18:
Cambre:
08’30h: Conferencia-coloquio co alumnado do IES David Buján.
Sada:
17’30h: Recepción no Concello de Sada polo alcalde, Abel López Soto.
A Coruña:
20’30h: Conferencia Palestina hoxe no Auditorio da Caixa Galicia na rúa Médico Rodríguez, esquina a rúa Juan Florez.
Xoves, 19:
Pontevedra:
13’00h: Recepción no Concello de Pontevedra polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Poio:
14'00h: Recepción no Concello polo alcalde, Luciano Sobral.
Santiago de Compostela:
16’30h: Recepción por Encarna Otero, Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta de Galicia.
Venres, 20:
Carballo:
10'00h: Recepción no Concello de Carballo polo alcalde, Evencio Ferrero.
A Coruña:
18’00h: Recepción pola Executiva Nacional do BNG.
20’00h: Saída dende o aeroporto de Alvedro.
21 ene 2009
O APARTHEID ISRAELÍ
No seu último e revelador traballo, “The Shock Doctrine”, a canadiana Naomi Klein advirte, con relación a Israel, do perigo de perder o incentivo da paz. Na actualidade existe un poderoso complexo militar-industrial ao ponto de o armamento e a tecnoloxía de seguranza e control de persoas constituiren o primeiro epígrafe das exportacións do Estado de Israel. Klein, ela propria de orixe xudea, conclúe que as consecuencias desta deriva atinxen non só ao pobo palestiniano, vítima dunha selvaxe ocupación militar desde hai sesenta anos, mais á propria sociedade israelí, de cada vez máis militarizada e radicalizada cara a estrema dereita racista.
Véxanse senón os dados. Dous de cada tres israelís apoian o ataque criminal contra a franxa de Gaza, que coincide cunha campaña electoral na que todos os contendentes compiten por ver quen propón o tratamento máis brutal para a cuestión palestiniana. A xustiza sionista vén de prohibir que os partidos representativos da minoría árabe – máis dun 20% da poboación – podan concorrer aos comicios co argumento de non recoñeceren Israel como “Estado xudeu”. Historiadores que como Ilan Pappé cuestionan a versión oficial sobre a xénese do Estado de Israel deitando luz sobre a deportación e o asasinato de milleiros de palestinianos foron forzados a se exiliaren.
Non é pois de extrañar que cada vez sexamos máis os que neguemos a condición democrática dun Estado que asenta sobre un elemento racial que xustifica a discriminación contra a poboación árabe e o xenocidio contra o pobo palestiniano en Gaza e na Cisxordania. Daquela, porque non lle brindar ao apartheid israelí o mesmo boicote diplomático e comercial que en tempos se lle dou ao sulafricano?
POLA PAZ EN PALESTINA: BOICOT A ISRAEL
O pasado 16 de Decembro, poucos días antes do inicio do ataque sionista contra Gaza, o diplomático francés Yves Aubin de
Porén ninguén fixo caso do aviso. Ben ao contrario, o artigo De
Así as cousas, para sabermos que está a pasar, é preciso fuxir de eufemismos e comezar a lle chamar as cousas polo seu nome. A fundación de Israel só foi posíbel despois da deportación e o asasinato de milleiros de palestinianos e a ocupación ilegal de territorios gañados nunha guerra de agresión. Porque os refuxiados palestinianos que malviven nos campos do Líbano, Xordania ou Siria son os descendentes dos expulsos e desposuídos pola forza en 1948. Ben o sabe o historiador xudeu Ilan Pappé que se víu obrigado, tras documentar esta operación de limpeza étnica, a deixar Israel e traballar desde o exilio.
Israel é unha potencia nuclear que ameaza aos seus viciños sen vixilancia ou control ningún da ONU e que viola de forma contumaz as normas internacionais de Dereito Humanitario e as obrigas que lle incumben como potencia ocupante. Desde hai máis de coarenta anos Israel descoñece impunemente as resolucións do Consello de Seguranza e da Asamblea Xeral da ONU que instan a retirada de Gaza, a Cisxordania e os altos do Golán e que recoñecen o dereito do pobo palestiniano á autodeterminación e ao retorno.
Israel non é un Estado democrático. Non pode ser tal o que discrimina a minoría árabe, o 20% da poboación, e prohíbe os seus partidos por non recoñeceren Israel como “Estado xudeu”. Tampouco o que, en flagrante violación do Dereito Internacional, fomenta a colonización dos territorios ocupados e rouba, a meio dun valado chamado de seguranza, os acuíferos e as terras máis ricas de Palestina. Un Estado fundado sobre unha base racial non pode ser un Estado democrático. Tampouco aquel que tortura e ten os seus cárceres ateigados con milleiros de presos, nenos incluídos, sen acusación nin xuízo ou que ten legalizadas as execucións extraxudiciais, “selectivas”, dos dirixentes da resistencia palestiniana.
En Xaneiro de 2006 Hamas gañou unhas eleccións auspiciadas e inspeccionadas pola comunidade internacional nos territorios ocupados de Palestina. Porén a UE descoñeceu o resultado dos comicios e bloqueou a cooperación económica co novo goberno colaborando deste xeito cos planos de Israel de abandonar e bloquear a franxa de Gaza co fin de centrar o empeño colonizador en Xerusalén e Cisxordania. O golpe de Estado do verán de 2007 consumou a división da resistencia nacional palestiniana deixando a Israel as mans libres para martirizar unha Gaza xa desconectada. Porque o ataque actual, sendo o máis duro, non é, nin muito menos, o único padecido polos sufridos gazatíes. En Marzo de 2008 unha incursión do exército xudeu provocou 116 mortos, muitos deles nenos. Daquela o vice-ministro de Defensa, Matan Vilnai, ameazou aos palestinos cunha nova “Shoah”, a palabra hebrea utilizada para se referir ao holocausto perpetrado polos nazis. 
Mais os gobernantes europeos andan noutras cousas. Fan outros cálculos. Nin Zapatero nin Sarkozy queren sentir falar de condenar Israel. Quizais porque España, Franza e outros países europeos seguen a lle vender armas e tecnoloxía militar a Israel por valor de máis de 200 M€ anuais. Muitas destas armas están a ser utilizadas estes días contra Gaza.
E claro, tampouco queren saber doutras medidas que son, realmente, as que neste momento cumpren: suspender as relacións comerciais e diplomáticas con Israel e someter o apartheid sionista a un boicot similar ao que, no seu momento, e xunto coa loita da maioría negra provocou a caida do rexime racista de Pretoria.
Carlos Aymerich
18 ene 2009
احتشد أكثر من 15 ألف شخصا في مظاهرة مع فلسطين في كومبوستيلا




11 ene 2009
Xornada nacional de movilizacios por Palestina A CORUÑA (Fotos)
6 ene 2009
CONCENTRACIÓN EN OLEIROS
A concentración terá lugar o próximo mércores día 7 as 12 horas fronte a casa do concello
Oleiros, 5 de xaneiro de 2009:
Ante o xenocidio ao que o estado de Israel está sometendo ao pobo palestino e que recrudeceuse ao longo dos últimos dez días nos que o exercito sionista asasinou a máis de 500 persoas e feriu a outras 2.500 na franxa de Gaza, o Goberno local de Oleiros convoca unha concentración na que se esixirá o cesamento das hostilidades e demandarase a mediación da ONU. Así como unha maior presión por parte do Goberno da UE. A concentración silenciosa celebrarase o vindeiro mércores día 7 ás 12.00 horas fronte á casa consistorial. O Goberno local de Oleiros denuncia a falta de compromiso co pobo palestino por parte da comunidade internacional ante a masacre levada a cabo por Israel. Paremos o xenocidio!


