2 dic 2007

Memoria de actividades 2005



· Presentación de la asociación de solidariedade co Pobo Palestino Galiza por Palestina en Santiago.
Sábado 22 de Xaneiro de 2005, ás 12’00 horas do mediodía no Hotel Araguaney de Santiago de Compostela.
No acto, presentado pola coñecida xornalista galega Tareixa Navaza, interverán o doutor Mohamed Safa en representación da Organización para a Liberación de Palestina (OLP).

· Ciclo de cine palestino n’As Pontes (11 a 26 de febreiro do 2005)
Organizado por Galiza por Palestina e o Concello d’As Pontes.
Venres, 11 de febreiro, ás 20’00
Conferencia de Mohamed Safa (OLP)
Proxección de “Jenin, Jenin”
Sábado, 12 de febreiro, ás 20’30h
Proxección de “Fronteiras de soños e medos” e “Transparencia”
Venres, 18 de febreiro, ás 20’30h:
Proxección de “A voda de Rana”
Sábado, 19 de febreiro, ás 20’30h:
Proxección de “Al-Sabbar”
Sábado, 19 de marzo, ás 20’30h:
Proxección de "O cerco"
Coloquio coa participación dun membro do Concello d'As Pontes,
un membro da Asociación Galaico-Árabe "Jenin" e un membro de
Galiza por Palestina (Xoán Gabeiras).

· Xornada palestina no Centro Social A treu! d’A Coruña.
Sábado, 19 de febreiro, ás 20’00h:
Conferencia de presentación de Galiza por Palestina a cargo de Xoán Gabeiras.



· Ciclo de cine palestino en Pontevedra (1 a 15 de marzo do 2005)
Teatro Principal
Organizado por Galiza por Palestina coa cooperación do Concello de Pontevedra
Martes, 1 de marzo, ás 20h:
Proxección de “Fronteiras de soños e medos”
Martes, 8 de marzo, ás 21h:
Proxección de “A voda de Rana”
Martes, 15 de marzo, ás 20h:
Proxección de “Jenin, Jenin”
Clausura a cargo de Mohamed Safa (OLP)


· Ciclo de cine palestino en Cambre (2 a 12 de marzo do 2005)
Centro Cultural d’O Graxal. Rúa Alvaro Cunqueiro s/n. O Temple - Cambre
Organizado polo Ateneo de Cambre coa cooperación do Concello de Cambre e de Galiza por Palestina.
Mércores, 2 de marzo, ás 20’00h:
Conferencia de Mohamed Safa (OLP)
Proxección de “Fronteiras de soños e medos”

Venres, 4 de marzo, ás 20’00h:
Proxección de “Ford Transit”
Sábado, 12 de marzo, ás 20h:
Proxección de “Meu irmán, meu inimigo”
Peche do ciclo a cargo de Maha Nassar (Unión dos Comités de Mulleres Palestinas) e Juani Rishmawi (Comités de Traballo para a Saúde)


· Entrevista na televisión Localia (Santiago de Compostela)
Día 9 de marzo.
Entrevista a Mohamed Safa (OLP) e a Xoán Gabeiras (Galiza por Palestina).

· Visita a Galicia de Maha Nassar e Juani Rishmawi (10 a 16 de marzo do 2005)
Día 10 de marzo, xoves:
Acto no Concello de Carballiño.
Día 11 de marzo, venres:
Concello d´As Pontes: Entrevista coas autoridades pontesas e o responsable do Foro de Cooperación Internacional.
Entrevista para a Radio e Televisión Locais.
Concello d’A Coruña: Acto público organizado pola Marcha Mundial das Mulleres.
Cea de peche dos actos do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.
Día 12 de marzo, sábado:
Concello de Culleredo: Entrevista co alcalde de Culleredo.
Concello de Cambre: Entrevista co alcalde de Cambre. Roda de prensa na Casa do Concello. Conferencia de peche do ciclo de cine palestino.
Día 13 de marzo, domingo:
Concello de Santiago de Compostela: Comida co grupo da revista feminista Andaina. Entrevista para a revista feminista Andaina.
Concello de Allariz:: Acto público.
Día 15 de marzo, martes:
Concello de Santiago de Compostela: Acto público en Santiago de Compostela.
Día 16 de marzo, mércores:
Concello de Ribadeo: Entrevista co alcalde e a concelleira da muller. Roda de prensa. Coferencia pública sobre Palestina.

· Ciclo de cine palestino en Vigo (22 a 23 de marzo do 2005)
Auditorio do Concello de Vigo
Organizado pola Asamblea Antiimperialista e Galiza por Palestina coa cooperación do Cine-clube Lumiere
Martes, 22 de marzo, ás 20’30h:
Proxección de “Jenin, Jenin” e “Transparencia”
Mércores, 23 de marzo, ás 20’30h:
Proxección de “Ford Transit”

· Presentación da Asociación Galiza por Palestina en A Coruña.
Mércores 19 de outubro ás 20:30 h., no Auditorio do Forum Metropolitano do Parque Europa, sito na rúa Río Monelos,1 de A Coruña.

· Día Internacional de Solidariedade con Palestina (29 de novembro de 2005)
Martes, 29 de novembro, ás 18’30h:
Entrevista a Xoán Gabeiras, Presidente de Galiza por Palestina, na Radio Galega.