Nantes, 8 de outubro – Eric Cantona fala sobre a revolución.
Non penso que poidamos ser completamente felices vendo semellante miseria ao noso redor, a non ser que vivas nunha burbulla. Pero entón xorde unha oportunidade, podemos facer algo.
Estou un pouco molesto con aqueles…. Quen… Ben, non me sinto molesto, pero penso que é importante a día de hoxe defendelo (as nosas razóns).
Pero actualmente, que significa saír á rúa? Que significado ten manifestarse? Enganarte a ti mesmo.
De calquera modo ese xa non é mais o camiño. Nos non levamos armas, matamos a xente para facer unha revolución. A revolución é moi fácil de facer hoxe.
Que é o Sistema? O Sistema xira en torno aos bancos. Está baseado no poder dos bancos, así que se debe destruír comezando polos bancos. Isto significa que os 3 millóns de persoas cos seus carteis nas rúas van ao banco, retiran o seu diñeiro dos bancos e estes colapsan. 3 millóns, 10 millóns de persoas… e os bancos colapsan. E non hai ameaza real, unha revolución real. Debemos ir ao banco, neste caso habería unha verdadeira revolución.
Non é complicado, en lugar de saírmos á rúa e conducirmos quilómetros no coche, simplemente vas ao banco, no teu país, e retiras os teus cartos. E se hai un monte de xente retirando os seus cartos, o Sistema colapsará. Sen armas, sen sangue e nada diso.
Non é difícil. E neste caso, eles escoitaranos doutra maneira.
Sindicatos, ás veces deberíamos propoñerlles algunhas ideas.
Tradución: Laila Tillawi
Outras ligazóns de interese sobre o tema:
http://www.bankrun2010.com/
http://www.rtve.es/deportes/20101123/cantona-anima-a-todo-mundo-a-colapsar-bancos-retirando-dinero/374020.shtml