22 nov 2010

Censura e Resistencia: A Noite dos Dixitais Rotos.

Denunciamos o atropelo e a mordaza que sufriron varios compañeiros militantes pola digna causa palestina na popular rede social Facebook. Esiximos a rehabilitación das súas contas inmediatamente.

O Sábado 20 de novembro fumos testemuñas dunha acción execrable. Diversas contas e perfís desta rede social foron eliminadas ao mesmo tempo e sen previo aviso.
As mesmas teñen un denominador común: a súa solidariedade, militancia e activismo pola digna e xusta causa palestina.
Os compañeiros eliminados son:

  • Manuel Tapial (activista e cooperante, integrante do Mavi Mármara e membro fundamental da iniciativa Rumbo a Gaza)
  • Abdo Tounsi (militante pola causa palestina e creador dos vídeos de difusión Tunsisol)
  • Palestina Libre (publicación dixital chilena especializada na cuestión palestina)
  • La Estrella Palestina (colectivo especializado na cuestión palestina e radio dixital Al Hurría)
  • Marivel Béliz (creadora da página Todos somos Palestina)
  • Amo a Palestina y usted? (publicación creada por Estela Capovilla)
Manuel Tapial e Laura Arau

Sabemos perfectamente que o sionismo actúa desta maneira ofensiva en varios frentes, un dos cales é o da rede de redes. Sabemos tamén que existe un grupo de uns 5000 activistas sionistas que traballan neste frente dixital: JIDF (Forza de Defensa Xudea en Internet, a Jewish Internet Defense Force, en inglés).
A súa función é moi simple: denuncian aos administradores, ou calquer contido que poda considerarse como antisemita (o mantra cínico e chantaxista de sempre), en redes sociais, blogs ou servidores que aloxan sitios web, etc. Tamén se dedican ao hacking e borrado de contas en Facebook. Actualmente declaran operar como unha rede de censura sobre Youtube, Twitter, Facebook, Wikipedia e My Space. Ademais publican manuais que instruen a calquer internauta sobre como denunciar calquer información contra o Sionismo.
Non nos extrañaría nada que este colectivo de insensatos esté detrás de todo esto.

Pero ao mesmo tempo é preciso esixir ás autoridades de Facebook que revisen os seus criterios técnicos automáticos. Resulta intolerable que denuncias masivas e organizadas provoquen esta censura e despropósito en pleno século XXI sen que haia unha persoa de carne e óso que filtre estos mecanismos técnicos antes de ningunha decisión drástica.

Pola rehabilitación das contas dos compañeiros.

Pola liberdade de expresión.

Non nos calarán.

Fernando Casares
Versión orixinal: (http://rompiendo-muros.blogspot.com/2010/11/censura-y-resistencia-la-noche-de-los.html)