Segunda-feira (luns), 29 de novembro ás 20:00h
O día 29 de novembro é o Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino.
Neste día queremos reproducir na Cidade Vella da capital de Galiza a realidade dunha das decenas de checkpoints da Entidade sionista nos Territorios Ocupados de Palestina.
O acto pretende ser unha performance de denuncia da situación de opresión, humillación, trato vexatorio e violación das liberdades máis básicas, que millares de palestinas e palestinos sofren cada día.
Precisamos da vosa implicación: necesitamos que veñades representar mulleres e homes palestinos traede as vosas kufiyyas palestinas, ou se tendes roupa militar e un mal día vinde interpretar soldados sionistas.
Precisamos mínimo 6 persoas para palestinos e 2 ou 3 para soldados. É importante tamén que haxa xente que filme todo para facelo circular por internet.
Agardamos a vosa axuda!!
VIVA A LOITA DO POBO PALESTINO!!
Evento en Facebook: http://www.facebook.com/?ref=home#!/event.php?eid=173239512703456
Galiza por Palestina