28 nov 2010

MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DE SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO

29 DE NOVEMBRO,

GALIZA POR PALESTINA


O 29 de novembro de cada ano, por volta desta data, as Nacións Unidas comemoran o Dia Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino conforme ao disposto pola Asemblea Xeral nas súas resolucións 32/40 B, do 2 de decembro de 1977 e 34/65 D, do 12 de decembro de 1979, e en resolución posteriores aprobadas pola Asemblea Xeral en relación coa cuestión de Palestina.

A data escollida foi o 29 de novembro pola súa importancia para o pobo palestino. Ese día en 1947, a Asemblea Xeral aprobou a Resolución 181 (II), posteriormente coñecida como a resolución da partición, na cal se estipulaba a creación do Estado sionista, coñecido hoxe como Israel, e outro estado, que na actualidade contén máis de 700 checkpoints e bloqueos militares israelís. Isto ademais dun muro duns 9 metros de altura na parte de Cisxordania, completamente separada de Gaza, e na cal tamén se está a levantar outro muro, desta maneira impídese á pobación palestina a circulación entre cidades e vilas.

Durante máis de 60 anos Israel non deixou de confiscar terras, expandir os seus asentamentos, levantar puntos de control militares, invadir e fechar centros culturais, sociais e sanitarios e transformalos en bases militares, non parou de deter e encarcerar todo o tipo de poboación palestina. Por outra parte, o exército de ocupación israelí impuxo un sistema de control para a explotación de acuíferos, concentra todo o poder sobre a auga en mans das súas autoridades.

O muro de formigón, con torres de vixía en Belén, Qalquilya, zonas de Tulkarem e os arredores de Xerusalén, ten nove metros de altura. En calquera parte hai unha cerca cunha zona intermedia de 30 a 100 metros de largo que inclúe cercas electrónicas, cámaras de videovixilancia, camiños de patrullas militares, capas de arame farpado, camiños de area para marcar pegadas, gabias e portas agrícolas -que non proporcionan ningunha garantía de que os labregos teñan aceso ás súas terras mais reforza o sistema de permisos e puntos de control do estrangulamento israelí.

Israel constrúe 24 túneles ao longo de Cisxordania para formar os únicos puntos de conexión dentro da Cisxordania “ghettizada” case completamente construídos na zona palestina. Só 20% se encontra sobre a liña verde entre o actual Israel e o que resta de Palestina.

A respecto da situación en Gaza, empeorou desde o bloqueo en 2006, máis de 75% da poboación da Faixa de Gaza son refuxiados palestinos. Máis de 70% da poboación vive por baixo do umbral de pobreza. Ademais dun novo muro de apartheid en Gaza alén do de Cisxordania.

Todo isto priva as palestinas e palestinos dos seus medios de vida e limítalles o acceso aos seus traballos, centros educativos, sanitarios, outros servizos necesarios e os seus direitos básicos de vida.

En relación á situación escolar e universitaria, segundo un informe publicado pola Universidade de Birzeit, en Cisxordania, Israel tenta controlar a entrada de material didáctico ás universidades palestinas. En varias ocasións requisan os libros coa escusa de pasarlles un control e chequeo de contidos, pero a maioría dos libros desaparecen. Moito do contido didáctico dos libros e revistas que son prohibidos nas universidades palestinas encóntrase nas bibliotecas e aulas das universidades israelís.

Por outra banda, o exército de ocupación israelí irrompe nas universidades palestinas e detén estudantes, encarcéraos durante períodos indefinidos baixo o que chaman “detención administrativa”, detencións sen cargos nin xuízos que poden chegar a un período de dous anos.

Segundo un estudo feito pola profesora María José Lera da Universidade de Sevilla:

  • 196 estudantes universitarios foron asasinados.
  • 573 nenas e nenos foron asesinados entre os cales 495 son estudantes.
  • 38 mestres e empregados de escolas e universidades asasinados.
  • Máis de 2500 nenos e nenas foron arrestados, dos cales 357 aínda permanecen nas prisións israelís.
  • Máis de 710 estudantes universitarios detenidos.
  • 8 universidades bombardeadas ou invadidas polos soldados israelís.
  • 498 escolas clausuradas por tempos variados e indefinidos.
  • 10 escolas clausuradas definitivamente por ordes militares.
  • 43 escolas ocupadas e convertidas en bases militares.
  • A redor de 198.000 estudantes perderon días de escola debido a toques de queda y zonas incomunicadas.
  • 298 escolas destruídas ou invadidas polos soldados.

Por todo isto exiximos ao Goberno galego, ao Estado español, á Unión Europea, á Comunidade Internacional e ao Estado militar israelí:

  • Que cesen todos os ataques e bombardeos.
  • Que sexan abertas as fronteiras para a axuda humanitaria.
  • Que se levante o bloqueo a Gaza.
  • Que se destrúan todos os muros do apartheid.
  • Que a ONU outorgue a todos os representantes lexítimos palestinos, incluído Hamas, a oportunidade de sentar á mesa do diálogo igual que Israel.
  • Que a Xunta de Galiza e o Goberno de España rompan as relacións diplomáticas e comerciales con Israel.
  • Que cese a compra-venda de armas entre o goberno español e israelí.
  • Que se promova o boicot tanto comercial como académico a Israel.
  • Que os medios de comunicación e a prensa internacional informen dunha maneira rigorosa e obxectiva.


ALTO AOS ATAQUES AO POBO PALESTINO

BOICOT A ISRAEL

GALIZA CONTRA A AGRESIÓN E A OCUPACIÓN