3 feb 2011

CONCENTRACIÓN: GALIZA con EXIPTO إحتشاد جليقية مع مصر

A Asociación Galiza por Palestina informa da mobilización convocada o día 4 de febreiro en apoio ao pobo exipcio.

Esta é unha convocatoria espontánea aberta tanto a persoas individuais coma colectivos e institucións para apoiar a libre revolta do pobo exipcio e os cambios civís que están a suceder no mundo árabe.

En todo o mundo, milleiros de persoas participan en diferentes accións para mostrar que Exipto non está só e que no resto do mundo exixen a paz xusta nos países árabes e a fin da colonización destes pobos, rexidos por gobernantes corruptos vendidos a intereses estranxeiros.

Desde Galiza por Palestina queremos convocar a sociedade galega para unirse a este día de apoio ao pobo Exipcio, e temos planeado organizar unha concentración, ás 20.00 na Praza do Toural, en Santiago de Compostela.

Animamos a poboación galega a organizar actos similares por todas as cidades e vilas.

تعلن مؤسسة جليقية من أجل فلسطين عن إحتشاد سيتم يوم 4 من فبراير/ شباط لدعم الشعب المصري

إن هذا الإستدعاء إستدعاء عفوي و مفتوح للأفراد و المجموعات و المؤسسات من أجل دعم الثورة الحرة للشعب المصري و التغيرات المدنية الجارية في العالم العربي

يشارك في كل العالم ملايين من الأشخاص في مختلف النشاطات كي يظهرون أن مصر ليست لوحدها و أن في باقي العالم يطالبون السلام العادل في الدول العربية و نهاية إستعمار هذه الشعوب المحكومة من قبل حاكمين فاسدين باعوا أنفسهم للمصالح الأجنبية

جليقية من أجل فلسطين تود إستدعاء المجتمع الجليقي للمشاركة في يوم دعم الشعب المصري ، تم تخطيط إحتشاد في الساعة الثامنة مساءا في ساحة تورال في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا

نشجع المجتمع الجليقي لتنظيم نشاطات مشابهة في جميع المدن و القرى