8 dic 2010

Protesta polo contido do programa "Españoles en el Mundo". XERUSALÉN NON É CAPITAL DE ISRAEL

Carta á RTVE encontra de "Españoles en el Mundo", Xerusalén non é a capital de Israel.
Envía á http://www.rtve.es/participacion/defensora/
a seguinte nota protestando polo publicado no programa "Españoles en el Mundo" sobre Xerusalén.

Mais información:
http://albertoarce.com/2010/12/06/protesta-contra-espanoles-en-el-mundo-jerusalen-no-es-la-capital-de-israel/

Modelo de nota:


Estimada Defensora Dª Elena Sánchez,

(http://www.rtve.es/participacion/defensora/)

Na páxina web de RTVE leín con desasosiego o contido e os términos cos que un programa que emitirá o "Ente Público" refírese á cidade de Xerusalén.

Fala dela como capital de Israel, cando debería coñecerse que a capital de dito estado é Tel Aviv e a anexión ilegal e unilateral de Xerusalén non foi recoñecida por ningún estado, entre eles o estado Español; demostrando a súa queixa situando a embaixada en Tel Aviv, tal e como o fixeron o resto dos "países" do mundo.

Ademais dese grave feito paréceme dun sesgo denunciable que entre @s protagonistas do programa non figure ninguén que nos ensine a zona árabe da cidade, invisibilizándoa.

Un cociñeiro Kosher, unha conversa ao xudaísmo, un custodio, un xornalista que entrevista a un cantante xudeo (o "Serrat xudeo", como o chaman na web) e outro "español" que nos ensina a Pascua Xudea, con todo-los respetos que me merece UNHA PARTE da cultura que se pode atopar en Xerusalén) paréceme dun partidismo e a ocultación grave da realidade da situación en Xerusalén merecedora dunha total reprobación.

Síntome profundamente indignad@ polo contido da web e, se o programa confirma eses términos, véxome na obrigación moral, como persoa que coñece dita cidade, de denunciar este feito e pedirlle a retirada do programa.

Un cordial saúdo._________ "


http://www.facebook.com/group.php?gid=49022132726



http://www.facebook.com/alberto.arce#!/notes/alberto-arce/modelo-de-nota-para-la-defensora-del-espectador-de-rtve-elena-sanchez-propuesto-/167402539965205