10 feb 2009

FORO CÍVICO

PALESTINA:

ONDE SE PERDERON OS DEREITOS HUMANOS

Martes, 10 de febreiro de 2009, ás 19,30 horas
Centro Fonseca da Coruña (rúa Fonseca, 8)




Falarán:

Mohamed Safa
Médico oftalmólogo en Cee; ex representante en España da Organización para a Liberación de Palestina (OLP)

Marga González
De Amnistía Internacional da Coruña

Omar Contreras
De Galiza por Palestina e do Comité de Solidariedade con América Latina (COSAL)




Moderadora:

Elena García Señoráns
Avogada, da Xunta Directiva do Foro Cívico








PALESTINA:
ONDE SE PERDERON OS DEREITOS HUMANOS


Veñen de celebrarse en Galicia e en cidades de todo o mundo numerosos actos de protesta pola masacre de Israel contra o pobo Palestino en Gaza. Fálase xa de 1.500 mortos –na súa inmensa maioría civís e máis da terceira parte eran meniños-, de máis de 5.000 feridos; 22.000 edificios destruídos –o 14% de toda Gaza- en tres semanas de bombardeos, que alcanzaron edificios públicos, 60 escolas e ata instalacións de Nacións Unidas.

Hai quen definía esta actuación como un bombardeo dun campo de concentración e numerosas organizacións internacionais denuncian os feitos como crimes contra a humanidade.

A manifestación celebrada en Compostela baixo o lema “Galicia con Palestina. Non ao masacre”, recollía este sentimento de denuncia e solidariedade do pobo galego co pobo palestino.

Estamos ante unha inxustificable e inhumana acción militar de Israel, que non pode volver a repetirse. Cómpre denunciar tamén a pasividade das institucións políticas internacionais, que están a permitir a continuidade da ocupación e matanza da poboación palestina, a vulneración dos dereitos humanos, dos acordos de paz e das resolucións de Nacións Unidas.

Calquera solución de paz duradeira debería pasar polo recoñecemento do dereito do pobo palestino a crear un Estado propio soberano, que posibilite a convivencia pacífica dos pobos palestino e israelí.

O Club de opinión FORO CÍVICO organiza este acto para que haxa un debate público sobre a problemática en Palestina e posibles solucións, e tamén para manifestar a nosa solidariedade co pobo palestino. Quedades invitados.