4 ene 2009

Convocatoria Nacional por Palestina


A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convoca a todos os colectivos e persoas interesads na realización dunha asamblea nacional galega en repudio dos crimes sionistas e da ocupación de Palestina a unha xunta o vindeiro mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova).

En réxime de autoconvocatoria, pedimos que acudades e difundades esta xunta entre todas as persoas interesades e nos confirmedes a vosa asistencia aos nosos correos electrónicos: