1 ene. 2009

Convocatoria a todo o pobo galego


Galiza por Palestina chama a todo o pobo galego a solidarizarse co pobo palestino e condenar a agresión militar sionista na Franxa de Gaza concentrandose nas súas cidades e vilas diante do seu Concello, ali donde non exista unha convocatoria en outro lugar, o vindeiro venres, día 2 de xaneiro, ás 20’30 horas da noite.

Para deter os crimes dos israelís contra os palestinos, para esixir o fin da complicidade do goberno español e das institucións europeas cos asesinos, para poñer fin ao cinismo da mal chamada comunidade internacional, manifestate en:

A Coruña: Venres, día 2 de xaneiro, ás 20’30 horas, concentración no Obelisco, Cantóns.

Ferrol: Venres, 2 de xaneiro, ás 20’30 horas, concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Praza de España.

Vigo: Venres, día 2 de xaneiro, ás 20’00 horas, concentración diante do MARCO, Rúa do Principe.

Ponteareas: Sádado, 3 de xaneiro, ás 12’00 horas, concentración diante do Concello.

Vigo: Sábado, 3 de xaneiro, ás 19’00 horas, concentración diante do MARCO, Rúa do principe.
Galiza por Palestina pide ao pobo galego que mostre o seu apoio a Palestina colgando bandeiras ou panos palestinos nos seus balcóns.

Pedimoslle tamén que apoie todas as mostras de repulsa á agresión israelí que se convoquen no noso país.

Galicia, 31 de xaneiro do 2008