31 dic 2008

CONCENTRACIÓN EN VIGO



Gaza: Deteñamos o exterminio do pobo palestino!





Venres 2 de saneiro, ás 20:00h, diante do MARCO (R/ do Príncipe)





Fronte aos bombardeos cos que o exercito de Israel provocou, polo momento, a morte de 360 palestinos e máis de 1600 feridos, así como a destrución de infraestruturas civís, e coa ameaza presente dunha invasión militar terrestre do territorio palestino de Gaza, diversas organizacións sociais, sindicais, políticas, estudantís, veciñais, feministas e ecoloxistas CONVOCAMOS a toda a cidadanía de Vigo e bisbarra a unha concentración fronte ao MARCO, o vindeiro venres 2 de xaneiro a partires das 20h.





Para esixir a fin inmediata deste masacre coa que Israel tan só pretende o exterminio do pobo palestino, así como para reclamar o cumprimento das resolucións emitidas polas Nacións Unidas a respecto da cuestión palestina.


Solicitamos así mesmo sancións internacionais contra do estado de Israel, polo seu reiterado uncumprimento dos mandatos da ONU, e tendo en conta que os bombardeos contra obxectivos civís, están tipificados como crimes de guerra pola IV convención de Xenebra.





Convocan:

Asociación Galiza por Palestina.

Galiza Nova.

Comités (CAE + CAF)

Confederación Intersindical Galega (CIG)

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

Marcha Mundial das Mulleres

Federación de Asociación Veciñais "Eduardo Chao"

Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)

Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui