29 ene. 2008

Pesame pola morte do doutor George Habash


O doutor George Habash, Al Hakim, fundador e secretario xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP) ata o ano 2000, morreu o pasado sábado. A nosa organización quere transmitir ao pobo palestino e ao mundo a fonda dor que sentimos pola perda dun revolucionario exemplar, un dos lideres máis importantes con que contou o nacionalismo árabe e a máis grande figura, xunto a Abu Amar, do movemento para a liberación de Palestina.

Animamos á FPLP e a todo o heroico pobo palestino a continuar a súa loita pola liberdade seguindo o exemplo do doutor Habash e expresamoslles o noso máis sentido pésame. Que a terra lle sexa leve ao irmán e camarada Al Hakim.

Galiza por Palestina

28 de xaneiro do 2008