Mostrando entradas con la etiqueta Gaza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gaza. Mostrar todas las entradas

3 may 2011

Concerto solidario con Rumbo a Gaza




Concerto solidario con Rumbo a Gaza en Santiago de
Compostela

Sala Nasa, 4 de maio, ás 21:30

Quempallou, The Homens, García MC. A “ordem e o progresso” correrán por conta de Carlos Blanco.

Precio: 5 € e os benefícios serán para a II Flotilla da Liberdade, que en breve zarpará Rumbo a Gaza. Con 15 buques e centos de cooperantes de mais de 50 países, Galiza entre eles. Con axuda para a castigada populación da Faixa. Coa intención de furar o bloqueo, cruel e ilegal, a que a ten submetida Israel.


5 jun 2010

CONCENTRACIÓN NA "PUERTA DEL SOL". MADRID

CONCENTRACIÓN Sabado 05/06 Na "Puerta del Sol-MADRID"

NON AO BLOQUEO DE GAZA
NON Á IMPUNIDADE DO ESTADO SIONISTA


As comunidades Hispano-palestinas no estado español, condenan enérxicamente o cobarde ataque israelí á frota da paz, que se dirixía a Gaza, levando material médico e de primeira necesidade.

Unha vez mais, o mundo está sindo testigo da barbarie israelí, esta vez contra activistas de mais de 50 nacionalidades, que pretendían romper o inhumano cerco que sufre a Faixa de Gaza.

Outro crime mais contra a humanidade, matando civís indefensos, esta vez non foi con bombas de fósforo branco, pero sí a sangue frío.

O Sábado 5 de xuño, concentrarémonos para facer chegar a nosa voz e a nosa condena a estes actos de piratería. A cita será ás 19:00 horas na Porta do Sol.

VIVA PALESTINA
GAZA NO CORAZÓN


DIFUNDIDE A TODOLOS VOSOS CONTACTOS, E AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

2 jun 2010

Imaxes da protesta contra os secuestradores sionistas en Santiago de Compostelaصور الإحتشادات ضد الخاطفين الصهاينة في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا



Imaxes da protesta contra os asasinos sionistas en Pontevedraصور الإحتشادات ضد المجرمين الصهاينة في مدينة بونتيبيدرا



Imaxes da protesta contra os piratas sionistas en Ferrolصور الإحتشادات ضد القراصنة الصهاينة في مدينة فيرول



OS BARCOS CONTRA O BLOQUEO DE GAZA سفن كسر الحصار على غزة

للإطلاع على المقالة في اللغة العربية اضغط على المرجع التالي

http://aljazeera.net/NR/exeres/3D38E972-0878-46F0-A8B5-61F765530F90.htm


Traducción. Versión orixinal en Al-Jazeera

Os unidos á solidariedade cos palestinos asediados na Faixa de Gaza desde 2007 dirixiron nove viaxes marítimas, catro delas puideron chegar e prohibíuse a entrada do resto.

Os barcos aos cales prohibiron a chegada a Gaza:

Barco Marwa (Libia):

As autoridades da ocupación israelí prohibiron a entrada do barco Marwa de Libia no día un de decembro de 2008, levaba 3000 toneladas de axuda humanitaria (alimentos e medicamentos). Este barco considérase o primeiro barco con axuda árabe que tentou chegar ata as praias de Gaza co obxectivo de finalizar o bloqueo.

O barco Id:

As autoridades israelís pecharon o porto de Yafa o 7 de decembro do 2008 para prohibir a saída do barco cara ás costas de Gaza, ademais de confiscar o cargamento de axuda sanitaria e agasallos para as nenas e nenos para festexar a festa do Id, entregado polos palestinos do 48.

O barco al-Karama (Dignidade):

O exército da ocupación prohibiu o 14 de xaneiro do 2009 a chegada do barco al-Karama ata as praias de Gaza. Al-Karama intentaba ir a Gaza mentres a faixa sufría unha invasión israelí, por outra banda, o barco foi atacado polas forzas da ocupación e os seus tripulantes foron encarcerados.

O barco dirixiu o movemento de Free Gaza do cal forman parte europeos, americanos e árabes, a súa sede está en Chipre.

O barco libanés da Fraternidade:

As forzas mariñas da ocupación israelí prohibiron o 2 de febreiro do 2009 a chegada deste barco ás praias de Gaza que levaba axuda do pobo libanés para os palestinos en Gaza.

As forzas israelís asaltaron o barco e atacaron os seus tripulantes, logo arrestáronos e conduciron o barco ata un porto israelí, Israel libertou os 8 libaneses que ían a bordo do barco despois dun arresto que durou 5 días.

O barco Alma Humana:

Varios botes militares israelís interceptaron o 30 de xuño do 2009 a chegada do barco que levaba axuda humanitaria de Chipre ata Gaza. No barco viaxaban 20 activistas políticos árabes e occidentais que pertencían ao movemento de Free Gaza.

As forzas israelís conduciron o barco ata un porto israelí despois de asaltalo e rexistralo.

Os barcos que foron capaces de chegar a Gaza:

Os dous barcos: Liberdade e Free Gaza

Estes dous barcos conseguiron chegar ás praias de Gaza o 23 de agosto do 2008, considerouse a primeira ruptura mariña do bloqueo israelí á Faixa de Gaza.

Os barcos levaron mais de 40 activistas de 17 países, saíron de Atenas pasando polo porto de Larnaca en Chipre antes de dirixirse a Gaza.

O barco Amal (Esperanza):

O barco Amal chegou á franxa de Gaza o 29 de outubro do 2008, levaba a bordo 27 activistas árabes, turcos e europeos, rompendo desta maneira o bloqueo imposto pola ocupación.

O barco, ao cal pertencían tripulantes de 10 países, levaba material sanitario e medicamentos, por outra banda, levaba médicos que puideron realizar intervencións cirúrxicas urxentes na faixa.

O barco al-Karama (Dignidade):

O barco al-Karama que pertenece ao movemento Free Gaza consiguiu o 8 de novembro do 2008 chegar ás praias de Gaza desde o porto de Larnaca en Chipre, levaba a bordo 22 persoas: parlamentarios europeos, xornalistas e activistas.

Unha das tripulantes do barco era a ministra de Cooperación Internacional británica durante o goberno de Tony Blair, Clare Short.

Barco al-Karama qatariyya (Dignidade Qatarí):

O barco chegou ao porto de Gaza o 20 de decembro do 2008 e levaba representantes de asociacións benéficas qatarís, algúns activistas estranxeiros e xornalistas, e unha tonelada de medicamentos e material sanitario.

19 abr 2009

A nosa compañeira Laila Tillawi con "Pallasos en Rebeldía" na Palestina


A nosa compañeir Laila Tillawi sumase a expedición humanitaria de "Pallasos en Rebeldía" que estes días sae para Palestina. Laila, que dede fai moitos anos e unha das membras mais activas de Galiza por Palestina, será a traductora da expedición, tal e como recolle a prensa galega estes dias:

GALICIA HOXE:
A forza dos risos solidarios
Pallasos en Rebeldía leva o espírito do clown a Palestina nunha campaña de quince días polo país
MARÉ . SANTIAGO

Do 21 abril ao 5 de maio o colectivo galego Pallasos en Rebeldía levará o espírito do riso e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda embárcanse nesta caravana solidaria que pretende impartir obradoiros de clown, risoterapia e, así mesmo, realizar diversas actuacións, ademais de capacitar os integrantes do circo palestino en técnicas de clown e a traballadores sociais en técnicas de risoterapia.
Pallasos en Rebeldía achegarase a distintias zonas, entre elas Ramallah, Qalqiliya, zona vella de Xerusalén, Belén, Hebrón, Nablus, Jenin, Tulkarem e alguhas vilas e pobos, así como nos campos de refuxiados, en escolas, centros culturais, sociais e xuvenís.
No que respecta á composición da caravana, o colectivo galego de clown e solidariedade estará composto polos dous clowns mencionados anteriormente, ademais de por Laila Tillawi Quintela, que se encargará da tradución e Eduardo Segurado, que tomará imaxes e rexistrará o paso deste furacán riseiro por terras palestinas.
O director do Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, Iván Prado, volve a Palestina logo dunha primeira viaxe en 2002. Colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa. Como significativo da viaxe solidaria, atópase o gran traballo realizado cos nenos refuxiados en campamentos.
Desa viaxe fíxose un documental, asinado por Mikio Tsunekawa e titulado Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso.

LA VOZ DE GALICIA:
O colectivo galego Pallasos en Rebeldía leva a Palestina o espírito da risa
O clown galego solidario, Iván Prado, voltará a Palestina o próximo 21 de abril ata o 5 de maio, acompañado do seu compañeiro de profesión, Isaac Rodríguez, da tradutora Laila Tillawi e Eduardo Segurado, que tomará as imaxes.
Prado, que ademais é director do Festival Internacional de Clown de Galicia, xa visitou Palestina hai sete anos e agora continúa demandando deste xeito «xustiza e humanidade». O obxetivo é similar ó actual: denunciar a presión á que está sometido o pobo por Israel, e nesta ocasión impartirán obradoiros de clown e risoterapia e ofrecerán algunhas actuacións.
Pallasos en Rebeldía achegará esta risa solidaria a varias zonas, entre elas Ramallah, Qalqiliya, Belén ou a zona vella de Xerusalén. Tamén estarán en campos de refuxiados, escolas, centros culturais e sociais, etc.
Esta iniciativa foi financiada pola Coperactiva Cultural en Galicia, e por diversas institucións palestinas.

A NOSA TERRA:
Pallasos en rebeldía volven a Palestina
Redacción . O colectivo galego regresa, sete anos despois, para levar o riso e o clown a Palestina e denunciar 'a continua e reiterada' opresión israelí.
Imaxe de Pallasos en Rebeldía Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda emprenden esta caravana solidaria para impartir obradoiros de clown e risoterapia, ao persoal do circo palestino e aos traballadores e traballadoras , amais de realizar diversas actuación. Estarán en Ramallah, Qalqiliya, a zona vella de Xerusalén, Belén, Hebrón, Nablús, Xenín, Tulkarem e algunhas vilas, amais de nos campos de refuxiados, en escolas, centros culturais, sociais e xuvenís.A estes dous clowns acompáñaos Laila Tillawi Quintela, que se encargará da tradución, e Eduardo Segurado, que tomará imaxes e rexistrará o paso deste "furacán riseiro" por terras palestinas. Pallasos en Rebeldía conta para este proxecto con financiamento de Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer (que significa literalmente "Conciencia" e traballa cos presidiarios e ex-presidiarios, especialmente mulleres, nenos e fillos de presidiarios) en Palestina. O director do Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, Iván Prado, volve a Palestina logo dunha primeira viaxe en 2002. Daquela, a viaxe fora filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso, un filme de produción catalá chilena e palestina. Foi gravado principalmente en campamentos de verán organizados pola Media Lúa Vermella Palestina, dende os campos de refuxiados da Al-Arub, no distrito de Hebrón, até o outro extremo do territorio, entre outros lugares aos que levar risas e emocións.
http://www.anosaterra.org/nova/pallasos-en-rebeldia-volven-a-palestina-.html

25 feb 2009

Conferencia de Juani Rishmawi no auditorio de Caixa Galicia

O pasado mércores 18 Juani Rishmawi nos ofreceo toda-la sua experiencia en Palestina, e unha testimuña de primeira man sobre o que aconteceo verdadeiramente en tanto na franxa de Gaza como en Cirsjordania, durante os últimos bombardeos de Israel.
Esperamos poder ofrecer mais información sobre a su xenerosa conferencia próximamente neste mesmo blog.

19 ene 2009

Enlaces da manifestación العناوين الإلكترونية

Enlaces para ver a manifestación do día 18 de xaneiro na cidade compostelana (Galiza con Palestina, non ao masacre!!)



بعض العناوين الإلكترونية لرؤية مظاهرة يوم 18 من كانون الثاني في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا
(غاليسيا مع فلسطين لا للمجزرة)

18 ene 2009

احتشد أكثر من 15 ألف شخصا في مظاهرة مع فلسطين في كومبوستيلا

Máis de 15.000 persoas, entre eles galegos, árabes e de outras nacionalidades, reuníronse onte día 18 de xaneiro ás 12:00 na Alameda na cidade compostelana para manifestarse encontra da ofensiva do Estado sionista na franxa de Gaza, e expresar o seu apoio ao pobo palestino.

احتشد أكثر من 15 ألف شخصا من بينهم غاليسيين و عرب و من جنسيات أخرى أمس في 18 من شهر كانون الثاني/ يناير الساعة الثانية عشر ظهرا في آلاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا للتظاهر ضد هجوم الحكومة الصهيونية في قطاع غزة و دعم الشعب الفلسطيني


Pronto mais información...

16 ene 2009

NOTA DE PRENSA

GALIZA CON PALESTINA, PAREMOS O MASACRE!



A Asociación Galiza por Palestina informa que TODAS AS ASOCIACIÓNS abaixo mencionadas convocan á cidadanía galega á Marcha Unitaria contra o Masacre en Gaza o vindeiro Domingo, día 18, ás 12:00 do mediodía en Compostela. O percorrido da mesma comezará na Alameda e rematará na Praza da Quintana.Ao fin da marcha, a actriz María Bouzas e a cooperante galego-palestina Laila Tillawi Quintela lerán o comunicado (adxunto) suscrito por todas as asociacións implicadas.Pregamos a máxima difusión desta convocatoria e invitamos aos medios a poñerse en contacto con representantes destas asociacións se así o precisan.Lembramos t que algunhas das asociación convocantes teñen tamén en marcha outras iniciativas que apoiamos e incluímos nesta convocatoria. Algunhas destas actividades son:


"Marcha das Candeas", convocada pola ONG VIRAVENTOS:" Hoxe as 8 pm, no Obelisco da Coruña, todos xuntos contra a terrible situación que está a pasar unha vez mais, o pobo palestino.Non o esquezades,pois é a nosa obriga recordar a cada momento,a toda persoa,institución,politicos,gobernos,prensa etc. que non pode quedar impune a conducta de exterminio que leva a cabo o estado de Israel, sobre Gaza e Palestina toda.Traede candeas.kufiyas e forza nas ialmas."


Convocatoria de concentración en Réxime de autoconvocatoria para o Sábado 17 de Xaneiro às 12h diante do Concello de Ponteareas.


A Fundación Araguaney informa que ten impresos carteis que se repartirán gratuítamente para que se poñan nas ventás en mostra de apoio e protesta. Tamen informa da súa colaboración na recadación de fondos para a organización FREE GAZA MOVEMENT, en colaboración con outras entidades. Polo que vos remitimos á Fundación para apoiar esta iniciativa.



A lista completa de asociacións convocantes é o seguinte:

Organizacións Convocantes ( Por orde alfabética)


ACSUR - Galiza
ABEGA
Adiante
AGARB
A Gentalha do Pichel
AGIR
Alternativa dos veciños de Oleiros
A Mesa pola Normalización lingüística
AMC
Arraianos
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Cambre, Pobo Solidario
Asociación Cultural O Galo
Asociación de Mulleres Espadela de Cercedo
Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido" (Pontevedra)
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galaico Árabe Jenin
Asociación Veciñal A Xuntanza
Asociación Veciñal de Esteiro Fontelonga (FERROL)
Asociación de Xefes e Mandos da Policía Local
Assembleia Aberta do Local Social Baiuca Vermelha
Aturuxo
BNG
BRIGA
CC.OO de Galicia
Ciberirmandade
CIG
CIMO- Castelao
CNT
Colectivo dos Mozos Comunistas
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña
Comités Abertos
Comité de Defensa das Rías Altas
Concello de Oleiros
Coordinadora do Barrio de Vite – Compostela
Coordinadora de Crentes Galegos
Coordinadora Galega de ONGDs
Coordinadora Galega pola Paz
Corrente Vermella
COSAL - Coruña
COSAL – Galiza
C.S. Henriqueta Outeiro
CUT
DSI
Encontro Irmandiño
Esculca
Esquerda Unida
Foro Galego de Inmigración
FPG
Fuco Buxán
Fundación Araguaney
Fundación Galiza Sempre
Fundación Luís Tilve
Galiza Nova
Galiza por Palestina
Iniciativa polos Dereitos Humanos
Isca
Judíos Antisionístas de Espanya
Marcha Mundial das Mulheres
Médicos do Mundo
Movemento pola Base
Mulheres Nacionalistas Galegas
Mundo Sen Guerras
Nós - Unidade Popular
OSPAAAL-GALICIA
Partido Comunista dos Pobos de España
PCG
PCPG
Partido Humanista de Galicia
Pen Clube de Galicia
Plataforma Alternativa Pola Esquerda
Primeira Linha
Redes Escarlata
Seminario Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Estudantes
Sindicato Labrego Galego
Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza
Socialismo Libertario
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Solidariedade Internacional
UXT Galicia
Verdegaia
Viraventos
Xustiza e Sociedade

15 ene 2009

COMUNICADO DA MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O MASACRE SIONISTA EN GAZA


GALIZA CON PALESTINA
NON AO MASACRE!

ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS


A actual intervención do exército israelí na franxa de Gaza non é máis que a continuación da política de exterminio do pobo palestino que o sionismo ven practicando dende que logrou que o peor imperialismo europeo e norteamericano inventara o Estado de Israel. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e bárbara, unha auténtica matanza, contra a poboación civil, e contra as súas organizacións de resistencia.

Esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas. Esta é unha agresión militar por parte dun estado IMPERIALISTA, armado e financiado por Norteamérica e Europa, que conta cun poderosísimo exército e ataca por terra, mar e aire a un pobo sen máis defensa que o heroísmo e sacrificio dos seus mal armados milicianos, e que nin sequera ten a posibilidade de fuxir.

Os verdugos teñen nome coñecido e as vítimas tamén, cóntanse por milleiros, entre as mortes e as persoas feridas. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel.

Trátase, xa que logo, dun auténtico masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación máis indefensa, as persoas anciáns, nenas e nenos, mesmo cooperantes internacionais. Tampouco respectan nin as mesquitas, hospitais ou mesmo escolas, as escolas das Nacións Unidas, con identificación oficial, con coordenadas coñecidas e transmitidas, onde estaban refuxiados do horror centos de cativas e cativos palestinos. O sionismo non coñece límites.

O exército e o goberno israelís, sabémolo ben, son expertos tamén na ocultación da verdade, contan con axentes moi poderosos. Resulta escandaloso que manifesten que as accións militares actuais son resposta ao lanzamento de foguetes caseiros desde Gaza. Menten coma sempre!!! ¿non sabemos que Israel rompe as treguas sistematicamente? ¿acaso non coñecemos a política de asasinatos selectivos das persoas dirixentes palestinas, practicada por Israel nos últimos anos? ¿De destrución das vivendas e das súas familias?

Xa coñecemos que tipo de loita é, balas contra pedras, tanques e mísiles contra a poboación civil, ocupación militar dos territorios palestinos, máis colonizacións fronte dos acordos de paz.

Son centos e milleiros : as palestinas e os palestinos asasinados; as presas e os presos; as torturadas e os torturados nas cadeas israelís; as mortes como consecuencia do bloqueo, as persoas que a diario son vexadas e inspeccionadas.

En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas. O estado de Israel non ten credibilidade algunha.É probablemente o estado do mundo que máis ten violentado a legalidade internacional, negado unha solución política a un conflito que se dilata inxustificadamente no tempo. Cada vez quedan menos persoas no mundo que poidan crer as mentiras israelís. Indigna pensar que a brutal ofensiva militar israelí actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortes por votos fai que abominemos aínda máis do sionismo e das súas prácticas.

Esiximos das institucións da comunidade internacional, da UE e do Estado Español que obriguen a Israel a deter o masacre, a cesar inmediatamente todos os ataques e bombardeos sobre os territorios e a poboación palestina, a propiciar un alto o fogo inmediato e a levantar o bloqueo de Gaza abrindo todos os pasos internacionais para que poida chegar axuda urxente aos homes e mulleres da castigada Franxa de Gaza.

O pobo galego está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio, a elixir libremente a súa representación e que esta sexa recoñecida pola comunidade internacional, incluído Hamás, e finalmente, apoia o regreso das persoas palestinas refuxiadas aos seus fogares.

O estado español, a UE, a comunidade internacional no seu conxunto, ata agora cómplices do sionismo ou pasivos ante a traxedia palestina, teñen a obriga moral e política de impoñer a Israel o respecto escrupuloso polas resolucións de Nacións Unidas, con toda firmeza, con medidas de boicot comercial, con ruptura inmediata das relacións diplomáticas e coa expulsión da embaixada sionista. Desde logo, non podemos seguir a tolerar que Israel ocupe territorios, masacre á poboación civil palestina; non podemos tolerar que se siga comprando e vendendo armas aos sionistas como está a facer España e outros estados que se sentan no Consello de Seguridade da ONU.

Galiza enteira reclama a persecución xurídica nos tribunais internacionais dos criminais israelís, civís e militares, responsables desta matanza indiscriminada, un auténtico crime contra da humanidade.

E esiximos ademais:

· Que se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
· Que a Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
· Que se declaren a embaixada e o Goberno Israelí non gratos en todo o territorio galego no seu conxunto; e concello por concello.
· E que os medios de comunicación e a prensa internacional informen con imparcialidade e non a favor do sionismo .



¡ALTO A AGRESIÓN!

¡VIVA O POBO PALESTINO!

¡VIVA PALESTINA!


Estimado/as compañeiro/as: Rógase enviar as enmendas e suxerencias antes do vindeiro venres, día 16, antes das 00:00. Despois faremos público o COMUNICADO OFICIAL e os convocantes.


Galiza por Palestina

بلاغ رسمي للمظاهرة الوطنية ضد المجزرة الصهيونية في غزة

مظاهرة وطنية ضد المجزرة الصهيونية في غزة
آلاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا
الأحد ، الموافق 18 من شهر كانون الثاني ، الساعة 12:00 ظهرا
إن الدخول الحالي للجيش الإسرائيلي في قطاع غزة ليس إلا استمرارا في سياسة إبادة الشعب الفلسطيني ، حيث يمارسه الصهاينة منذ أن استطاعت أسوء إمبريالية الأوروبية و الأمريكية أن تؤلف حكومة إسرائيل الصهيونية . إننا أمام حالة من العنف الهمجي و الذي لا يمكن وصفه ، إنها مجزرة حقيقية ضد المدنيين و ضد منظماتهم المقاوِمَة
إنها ليست بحرب ، ولا وجود لجيوش متواجهة ، و لا توجد مساواة بين القوى . إنها عدوان عسكري لحكومة مسلحة و ممولة من طرف الإمبريالية الأمريكية و الأوروبية ، و لديها جيشا ذا قوة جبارة يهاجم برا و بحرا و جوا شعبا ليس لديه أية وسيلة دفاع إلا بطولة و تضحية المناضلين الذين تم تسلحتهم بطريقة غير منظمة ، هذا الشعب الذي ليس لديه أية فرصة للهروب
لدى الجلادون اسما معروفا و لدى الضحايا أيضا ، نستطيع أن نقدر آلافا من القتلى و الجرحى . إن انتهاك حقوق الانسان و خرق القانون الدولي و معاهدات السلام و قرارات الأمم المتحدة لديه اسما ، و هو حكومة اسرائيل الصهيونية
إنها مجزرة حقيقية ، خالية من أي إحراج أخلاقي ومع عدم احترام مجتمع غير قادر على الدفاع عن نفسه ، و عدم احترام الشيوخ و لا الأطفال و لا المتعاونين الدوليين و لا المساجد و لا المستشفيات و حتى المدارس ، من بينها مدارس الأمم المتحدة التي تحتوي على هوية رسمية ، حيث كان يختبئ فيها من الرعب المئات من الفلسطينيين و الفلسطينيات . لا حدود للصهيونية
نعرف جيدا أن الجيش الإسرائيلي و حكومتة خبراء في إخفاء الحقيقة ، و يدعمونهم عملاء ذو نفوذ قوي . إنها فضيحة أن تعتبر الأعمال العسكرية الحالية ردا على إطلاق صراويخا من غزة تم انتاجها في البيوت . يكذبون كالمعتاد!!! أليس من المعروف أن الإسرائيليين هم من خرقوا المعاهدة الموافق الرابع من شهر تشرين الثاني؟ ألا نعرف سياسة إسرائيل بالقيام بالإغتيالات المختارة ضد النشطاء الفلسطينيين خلال السنوات الأخيرة؟ و سياستها بتدمير منازل أهاليهم؟

نحن نعرف نوع هذا الصراع ، رصاصات ضد حجارة ، دبابات و صواريخا ضد مدنيين ، احتلالا عسكريا للأراضي الفلسطينية ، استعمارات متزايدة ضد معاهدات السلام
إنهم مئات و ألافا من الفلسطينيين الذين تم إغتيالهم و أسرهم و تعذيبهم في السجون الإسرائيلية ، و الذين ماتوا بسبب الحصار و الذين تم تفتيشهم و إذلالهم يوميا
لا يمكن تبرير فتل المدنيين تحت أي ظرف ، و لا انتهاك حقوق الإنسان و ال الإحتلال العسكري للأراضي الفلسطينية و لا خرق قرارات الأمم المتحدة . ليست لحكومة إسرائيل أية مصداقية . من المحتمل أن تكون الحكومة الأكثر انتهاكا للقانون الدولي في العالم ، و الأكثر رفضا لحل سياسي لنزاع يتمدد عبر الزمن بدون أي مبرر . لكن يقل عدد الأشخاص الذين قد يصدقون الأكاذيب الإسرائيلية بشكل دوري . و من العار كون المهاجمة العسكرية الهمجية لها علاقة بأجندتها الإنتخابية . إن بيع الموتى مقابل الأصوات الإنتخابية تجعلنا نستنكر و نرفض أكثر الصهيونية و ممارساتها

نطالب مؤسسات المجتمع الدولي و الأمم المتحدة و الحكومة الإسبانية بأن يجبروا إسرائيل على إيقاف المجزرة و إيقاف كل الهجمات و القصف على الأراضي الفلسطينية و الشعب الفلسطيني ، و إيقاف إطلاق النار و رفع الحصار عن غزة و فتح العابر الدولية لكي تصل المساعدة الضرورية للرجال و النساء في قطاع غزة المعاقَبة
إن الشعب الغاليسي يقف مع الشعب الفلسطيني ، و يدعم و يعترف بحق وجوده و حقه بأن يكون لديه حكومة ذاتية و حقه بأن يختار بحرية ممثليه و أن يعترف المجتمع الدولي بهؤلاء الممثلين بالإضافة إلى حماس ، و أخيرا و ليس آخرا ، يدعم حق عودة اللاجئين الفلسطينيين إلى منازلهم
إن الحكومة الإسبانية و الإتحاد الأوروبي و المجتمع الدولي مشاركين في العملية الصهيونية أو صامتين أمام المأساة الفلسطينية ، و هم مجبرون أخلاقيا و سياسيا على فرض على إسرائيل احترام قرارات الأمم المتحدة و وضع معاييرا للمقاطعة التجارية و قطع العلاقات الدبلوماسية معها و طرد السفراء الصهاينة . لا نستطيع احتمال استمرارية اسرائيل بإحتلال الأراضي الفلسطينية و أن تقوم بالمجازر ضد الشعب الفلسطيني المدني ، لا نستطيع احتمال استمرار تجارة الأسلحة مع الصهاينة كما تفعل اسبانيا و حكومات أخرى حيث تجلس في مقاعد مجلس الأمان لمنظمة الأمم المتحدة
تطالب غاليسيا الملاحقة القانونية في المحاكم الدولية للمجرمين الإسرائيليين المدنيين و العسكريين مسؤولين عن هذه المجزرة ، جرم حقيقي ضد الإنسانية
نطالب أيضا ب
تشجيع سياسات ناشطة متضامنة مع فلسطين

أن يعلن المجلس الغاليسي أنه ضد إسرائيل و مع الشعب الفلسطيني
أن يعتبر السفير الإسرائيلي و الحاكمين الإسرائيليين أشخاصا غير مرحب بهم في كل أنحاء الأراضي الغاليسية و في كل بلدية

أن تعلم الوسائط الإعلامية و الصحافة الدولية بشكل محايد ، لا أن تكون مع إسرائيل
أوقفوا العدوان
عاش الشعب الفلسطيني
عاشت فلسطين

13 ene 2009

MANIFESTACIÓN NACIONAL GALEGA CONTRA O MASACRE SIONISTA!!!

Chamamos ao pobo galego a manifestar o seu rexeitamento aos ataques cometidos contra o pobo palestino, a súa solidariedade total e o seu apoio a causa palestina.



Dada a crítica situación que sigue sufrindo o pobo palestino chamamos a aqueles que están en contra dos crimes de guerra e queren reclamar o alto do fogo na faixa de Gaza a asistir á MANIFESTACIÓN O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 18, ÁS 12:00 AM. NA ALAMEDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.



Rógase a difusión deste acto solidario.

ننادي الشعب الغاليسي لإعلان رفضه للهجوم ضد الشعب الفلسطيني و إعلان تضامنه الكلي و دعمه للقضية الفلسطينية بسبب الحالة الحرجة التي مازال يعانيها الشعب الفلسطيني

ننادي هؤلاء الذين يرفضون جرائم الحرب و يطالبون بوقف إطلاق النار في قطاع غزة لحضور مظاهرة يوم الأحد الموافق 18 من شهر كانون الثاني ، الساعة 12:00 ظهرا في ساحة ألاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا
الرجاء نشر هذا النشاط التضامني



Galiza por Palestina

غاليسيا من أجل فلسطين