8 ene 2009

Conclusións Asemblea en Compostela o 7 de Xaneiro 2009


A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convocou a todos os colectivos e persoas interesadas na realización dunha asemblea nacional galega en repudio dos crimes sionistas e da ocupación de Palestina a unha xunta o pasado mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Acordos:

Ante a diversidade de entidades participantes , acordouse :

  • A Asociación Galiza por Palestina coordinará e organizará os distintos actos solidarios co pobo de Gaza.
  • Galiza por Palestina será a responsable de redactar a nota de prensa e os comunicados para as concentracións. Estes enviaranse ás asociacións solidarias para reenviar e ter a mellor repercusión posible.
  • Unificar todas as concentracións locais nun mesmo día: Unha Xornada Nacional de Mobilización por Palestina o Sábado 10 de Xaneiro, ás 20.30h nas principias cidades e vilas galegas.
  • Todas as propostas e os acordos locais poden enviarse ao enderezo galizaporpalestina@hotmail.com% ou gxpdireccion@hotmail.com para a súa pronta difusión.
  • En Compostela farase unha concentración no Toural, ás 20.30h e marcha cara o concello, onde se lerá o comunicado.
  • Acórdase manter unha Marcha Nacional en Compostela, o Domingo 18 de Xaneiro ás 12h con saída na Alameda.

Agardamos que enviedes urxentemente os lugares das concentracións.

Para máis información consultade o noso blog:http://www.galizaporpalestina.blogspot.com/

Temos tamén un modelo de faixa proposto e acordado en Asemblea