O GOBERNO LOCAL CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN A FAVOR DO POBO PALESTINO E CONTRA O XENOCIDIO INFRINXIDO POR ISRAEL
A concentración terá lugar o próximo mércores día 7 as 12 horas fronte a casa do concello
Oleiros, 5 de xaneiro de 2009:
Ante o xenocidio ao que o estado de Israel está sometendo ao pobo palestino e que recrudeceuse ao longo dos últimos dez días nos que o exercito sionista asasinou a máis de 500 persoas e feriu a outras 2.500 na franxa de Gaza, o Goberno local de Oleiros convoca unha concentración na que se esixirá o cesamento das hostilidades e demandarase a mediación da ONU. Así como unha maior presión por parte do Goberno da UE. A concentración silenciosa celebrarase o vindeiro mércores día 7 ás 12.00 horas fronte á casa consistorial. O Goberno local de Oleiros denuncia a falta de compromiso co pobo palestino por parte da comunidade internacional ante a masacre levada a cabo por Israel. Paremos o xenocidio!