10 ago 2008

Morre o Poeta Nacional Palestino Mahmud Darwish



Mahmud Darwish, un dos máis célebres literatos árabes contemporáneos, o poeta palestino máis popular no mundo árabe e a nivel internacional e que en 2006 recibiu o título de Poeta Galego Universal outorgado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, morreu o pasado sábado (9/8/2008).

A nosa asociación comparte a profunda dor do pobo palestino pola perda do seu poeta nacional. conscientes do pouco consolo que aportan as palabras en momentos coma estes, pero lembrando sempre que seguirá vivo no interior das súas obras literarias.

Brindamos ao pobo palestino o noso continuo apoio e axuda, e agradecémoslle ao poeta vir ata Galiza para compartir con nós a súa poesía e brindarnos a oportunidade de ver a Palestina dorida reflexada na súa poesía sendo unha honra traballar con el persoalmente como tradutor.

Omar Tillawi Quintela.





Asociación Galiza por Palestina