19 oct. 2010

CONVOCATORIA BDS CONTRA ISRAEL

HORA: 18:00
DATA: 20/10/2010
LUGAR: CONCENTRACIÓN DIANTE O CENTRO DE ARTE CONTEMPORÉNEA DE COMPOSTELA

O próximo dia 20 (cuarta-feira), o deputado da Knéset Shlomo Ben Ami participará nas xornadas "Camiño ao andar" que organizan o Xacobeu 2010, a Xunta de Galiza e o BBV no Centro de Arte Contemporánea de Composteala, onde impartirá unha palestra sob o título "O valor da diplomacia" às 19:00 horas.

Shlomo Ben Ami foi embaixador en Madrid na década de 90 e posteriormente Ministro de Seguranza Pública e Ministro de Exteriores do e ...stado de Israel. Como diplomático e alto representante do seu governo, participou en diferentes procesos de conversas con a OLP auspiciados por Ocidente. Via de presión diplomática que, combinada con a mais abertamente agresora via militar, conduciu à actual situación de Palestina.

Que valor ten unha diplomacia que asenta en conquistas territoriais conseguidas polas armas? Ten algun sentido para as vítimas falar de relacións diplomáticas con un estado construído sobre a ocupación ilegal, a limpeza étnica, a destruición de casas, o apartheid, a tortura, o encarceramento de crianzas, o bloqueio, a construción de muros, o terror institucional,.....? Que pensa o Sr. Ben Ami de iniciativas pacíficas contra o estado de Israel como a campaña internacional para romper o bloqueo à Faixa de Gaza? E da resposta de Israel asasinando activistas? Que pensa o Sr. Ben Ami de iniciativas tan pacíficas como a campaña internacional de Boicote, Desinvestimento e Sancións contra Israel?

Queremos formular estas e outras perguntas ao Sr. Ben Ami, a quen as instituicións galegas convidan con diñeiro público a falar dos logros da chamada via diplomática na ocupación do território de Palestina.
Precisamos da vosa colaboración.

O dia 20 estaremos nas portas do CGAC a partir das 18:00. Distribuiremos os mapas que mostran a progresiva ocupación dese território polo estado sionista de Israel entre as persoas que asistan ao acto oficial.

Lembrade: Dia 20 às 18:00 na porta do Centro de Arte Contemporánea de Compostela.