2 jun 2010

OS BARCOS CONTRA O BLOQUEO DE GAZA سفن كسر الحصار على غزة

للإطلاع على المقالة في اللغة العربية اضغط على المرجع التالي

http://aljazeera.net/NR/exeres/3D38E972-0878-46F0-A8B5-61F765530F90.htm


Traducción. Versión orixinal en Al-Jazeera

Os unidos á solidariedade cos palestinos asediados na Faixa de Gaza desde 2007 dirixiron nove viaxes marítimas, catro delas puideron chegar e prohibíuse a entrada do resto.

Os barcos aos cales prohibiron a chegada a Gaza:

Barco Marwa (Libia):

As autoridades da ocupación israelí prohibiron a entrada do barco Marwa de Libia no día un de decembro de 2008, levaba 3000 toneladas de axuda humanitaria (alimentos e medicamentos). Este barco considérase o primeiro barco con axuda árabe que tentou chegar ata as praias de Gaza co obxectivo de finalizar o bloqueo.

O barco Id:

As autoridades israelís pecharon o porto de Yafa o 7 de decembro do 2008 para prohibir a saída do barco cara ás costas de Gaza, ademais de confiscar o cargamento de axuda sanitaria e agasallos para as nenas e nenos para festexar a festa do Id, entregado polos palestinos do 48.

O barco al-Karama (Dignidade):

O exército da ocupación prohibiu o 14 de xaneiro do 2009 a chegada do barco al-Karama ata as praias de Gaza. Al-Karama intentaba ir a Gaza mentres a faixa sufría unha invasión israelí, por outra banda, o barco foi atacado polas forzas da ocupación e os seus tripulantes foron encarcerados.

O barco dirixiu o movemento de Free Gaza do cal forman parte europeos, americanos e árabes, a súa sede está en Chipre.

O barco libanés da Fraternidade:

As forzas mariñas da ocupación israelí prohibiron o 2 de febreiro do 2009 a chegada deste barco ás praias de Gaza que levaba axuda do pobo libanés para os palestinos en Gaza.

As forzas israelís asaltaron o barco e atacaron os seus tripulantes, logo arrestáronos e conduciron o barco ata un porto israelí, Israel libertou os 8 libaneses que ían a bordo do barco despois dun arresto que durou 5 días.

O barco Alma Humana:

Varios botes militares israelís interceptaron o 30 de xuño do 2009 a chegada do barco que levaba axuda humanitaria de Chipre ata Gaza. No barco viaxaban 20 activistas políticos árabes e occidentais que pertencían ao movemento de Free Gaza.

As forzas israelís conduciron o barco ata un porto israelí despois de asaltalo e rexistralo.

Os barcos que foron capaces de chegar a Gaza:

Os dous barcos: Liberdade e Free Gaza

Estes dous barcos conseguiron chegar ás praias de Gaza o 23 de agosto do 2008, considerouse a primeira ruptura mariña do bloqueo israelí á Faixa de Gaza.

Os barcos levaron mais de 40 activistas de 17 países, saíron de Atenas pasando polo porto de Larnaca en Chipre antes de dirixirse a Gaza.

O barco Amal (Esperanza):

O barco Amal chegou á franxa de Gaza o 29 de outubro do 2008, levaba a bordo 27 activistas árabes, turcos e europeos, rompendo desta maneira o bloqueo imposto pola ocupación.

O barco, ao cal pertencían tripulantes de 10 países, levaba material sanitario e medicamentos, por outra banda, levaba médicos que puideron realizar intervencións cirúrxicas urxentes na faixa.

O barco al-Karama (Dignidade):

O barco al-Karama que pertenece ao movemento Free Gaza consiguiu o 8 de novembro do 2008 chegar ás praias de Gaza desde o porto de Larnaca en Chipre, levaba a bordo 22 persoas: parlamentarios europeos, xornalistas e activistas.

Unha das tripulantes do barco era a ministra de Cooperación Internacional británica durante o goberno de Tony Blair, Clare Short.

Barco al-Karama qatariyya (Dignidade Qatarí):

O barco chegou ao porto de Gaza o 20 de decembro do 2008 e levaba representantes de asociacións benéficas qatarís, algúns activistas estranxeiros e xornalistas, e unha tonelada de medicamentos e material sanitario.