31 dic 2008

O BNG CONDENA O ATAQUE SIONISTA CONTRA A FRANXA DE GAZA

Á Mesa do Parlamento

O Gupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei en Pleno, relativa a condena do ataque sionista contra a franxa de Gaza, en Palestina.
Nos últimos días o exército de Israel está a bombardear de forma indiscriminada a franxa de Gaza. Os danos coñecidos a pesar do apagón informativo decretado polo Goberno israelí, falan de máis de 300 mortos, moitos deles nenos e nenas e máis de mil feridos, moitos deles de gravidade. Estas vítimas véñense a sumar os máis de 5.000 palestinos mortos dende o inicio da segunda Intifada, 900 deles menores de idade. Este ataque militar, verdadeiro crime de guerra, é o colofón da blocaxe perpetrada polo Estado de Israel contra o pobo de Gaza hai máis dun ano e que xa provocara unha grave crise humanitaria. O Parlamento de Galiza, a meio de esta iniciativa, quer manifestar a súa solidariedade co pobo de Palestina, facer un chamamento á fin inmediata da agresión contra Gaza e instar do Estado Español e do conxunto da comunidade internacional a condena desta agresión e a imposición ao estado de Israel de sancións diplomáticas e comerciais.

A tal fin formúlase a seguinte Proposición non de lei:

  1. O Parlamento de Galiza condena a agresión militar sionista contra Gaza, reclamando o fin de calquera operación militar, e da blocaxe criminal á que o Estado de Israel está a someter á franxa de Gaza.
  2. O Parlamento de Galiza insta da Xunta a demandar do Goberno español:
  • A suspender as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel en tanto este non poña fin a agresión militar e á blocaxe contra a franxa de Gaza.
  • A instar o cumprimento das resolucións 242 e 338 da ONU relativas á retirada israelí dos territorios ocupados e o dereito do pobo de Palestina ao retorno e autodeterminación nacional.
  • A promover no marco das Nacións Unidas o envió inmediato dunha misión de observación e interposición co fin de garantir a fin do ataque e da blocaxe contra a franxa de Gaza.

Santiago de Compostela, 30 de Decembro de 2008

Asinado dixitalmente por:

Carlos Ignacio Aymerich Cano na data 30/12/2008 10:56:58

Bieito Lobeira Domínguez na data 30/12/2008 11:06:27

Iago Tabares Pérez-Piñeiro na data 30/12/2008 11:06:31

María Tereixa Paz Franco na data 30/12/2008 11:06:36

María Carme da Silva Méndez na data 30/12/2008 11:06:41

Xosé Ramón Paz Antón na data 30/12/2008 11:06:45

Cristina Ferreiro López na data 30/12/2008 11:06:58

Manuel Parga Núñez na data 30/12/2008 11:07:04

Ana Belén Pontón Mondelo na data 30/12/2008 11:08:27

Carlos Fernando Blanco Parga na data 30/12/2008 11:08:30

Modesta Riobó Dios na data 30/12/2008 11:08:36

Pablo González Mariñas na data 30/12/2008 11:10:27

Bloque Nacionalista Galego (BNG)