Comunicado de prensa do Cumio Annapolis
Tras a difícil e complicada situación que vive a causa palestina, a profunda división no seu interior, a debilidade que sofre a sociedade árabe, a ocupación de Iraq e o intento de dividilo en estados e grupos relixiosos, onte, o día 27 de novembro do 2007, convocouse o envelenado Cumio Annapolis en medio dun gran despliegue de roda de prensa.
Como estaba privisto, as palabras pronunciadas polo presidente de EEUU máis o primeiro ministro israelí marcaron as consecuencias e as dimensións deste encontro e afirmaron claramente que o verdadeiro obxectivo desta asamblea non foi para atopar una solución xeral e verdadeira a favor da causa palestina e o conflito árabe_israelí apoiados polas resolucións do Dereito Internacional e os decretos da ONU, senón que é un novo intento de arrebatar os dereitos nacionais dos palestinos e emprender propósitos e obxectivos americanos_sionistas. Os máis destacados foron os seguintes:
Primeiro:
O intento de poñerlle fin á resistencia armada estipulada polo Dereito Internacional e calquera tipo de resistencia que emprega o noso pobo palestino mediante un discurso pronunciado polo presidente de EEUU máis o seu enfoque cara ao Mapa do Camiño, que dicta no seu primeiro artigo o desarme da resistencia palestina, por outra banda, expresou o seu interese por ter un país palestino non marcado xeograficamente que derrotará aos terroristas e manterá a seguridade do Estado de Israel. Porén, non mencionou a retirada dos establecimentos israelíes, o derrube do muro de división racial nin da seguridade do pobo palestino, que se enfronta a todo tipo de agresións, terrorismo, detencións e asasinatos.
Segundo:
O presidente de EEUU comprometese plenamente coa seguridade de Israel considerándoa una patria para o pobo xudeu, facilitando proxectos sionistas co obxectivo de negar o dereito de retorno aos refuxiados palestinos e expulsar ás nosas familias que aínda persisten nas súas terras nas zonas ocupadas dende o ano 1948 coa excusa de preservar a pegada xudía nun país sionista.
Terceiro:
No cumio confirmouse a internción do Estado norteamericano de poñerlles fin ás manifestacións que repudian a existencia de Israel por enriba do Dereito Internacional, ocupándose persoalmente da cuestión do conflito árabe_sionista, empezando pola cuestión palestina e descartando o papel da ONU e das resolucións da Legalidade Internacional para reemprazala pola Autoridade norteamericana, tras anunciar a necesidade de entrar nun novo labirinto de negociacións, como se nunca procederan outras negociacións ás que xa foi sometido o noso pobo palestino, saboreando a súa amargura durante 15 anos, tras asinar o acordo de OSLO cuxo único resultado foi o crecemento da colonización israelí, o asedio e a confiscación das terras para xudaizalas.O discurso pronunciado polo presidente de EEUU sobre abrir novas portas para novas negociacións antes da fin do ano 2008 non foi máis que una maneira de engano co propósito de limpar a imaxe da Administración estadounidense tras ocupar e invadir o Estado de Iraq, para presentarse nas próximas eleccións presidenciais norteamericanas.
Cuarto:
Tras o Cumio de Annapolis e o discurso pronunciado polo primeiro ministro israelí confirmouse a súa intención insistente de normalizar as relacións cos países árabes e musulmáns e a súa petición de poñerlle fin ao complot sen que Israel, pola súa parte, se comprometese a retirarse das zonas ocupadas palestinas e árabes.
Quinto:
Tras o fracaso do ataque militar sionista ao Líbano o 12 de xullo do ano pasado e a firmeza da resistencia libanesa máis a súa victoria, a administración do Estado de Bush máis Israel aspiran a anular os resultados estratéxicos desta vitoria e a súa repercusión por toda a zona a través de renovar as falsas ilusións sobre novas negociacións e resolucións políticas conforme á Autoridade norteamericana para continuar coa estartexia de gañar tempo e expoñer novos proxectos e plans que apuntan cara a Siria e Irán e, por outra banda, sitiar e derrotar a resistencia en Iraq, o Líbano e Palestina.
A Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP) confirmou o seguinte tras o sucedido no cumio:
1. Aferrarse á resistencia e á loita nacional como unha opción estratéxica imposta pola natureza da loita contra o inimigo colonizador que rexeita a paz e nega os dereitos nacionais do pobo palestino e, por outra parte, afirma o seu dereito e o da nosa nación a resistir ante os ocupantes usando calquera tipo de loita.
2. O goberno palestino convoca unha revisión política xeral polos longos anos de falsas ilusións que tiveron os reféns ao creren na neutralidade de EEUU e nas negociacións coa identidade sionista e, por outra banda, o goberno intenta saír desa corrente que o noso pobo pagou caro, e convocar unha conferencia internacional de plenos poderes apoiada polas NU e pola autoridade das súas decisións sobre a causa palestina, para aplicalas en vez de negocialas.
3. Darlle prioridade a poñerlle fin á división do pobo palestino e a traballar seriamente para conseguir unha unión nacional seria e firme, aferrada ás convicións nacionais e, por outra parte, reformar a OLP (Organización para a Liberación de Palestina) único representante lexítimo do pobo palestino e unir todalas forzas nacionais e islámicas para afrontar os maiores desafíos que rodean o pobo palestino.
4. Rexeitar todo tipo de solucións provisionais a favor da ocupación e a súa expansión en palestina, sobre todo o feito de que sexa Palestina un país con fronteiras provisionais, e asegurar o dereito de retorno dos refuxiados palestinos que foron expulsados das súas terras e casas en 1948 e que é a esencia da causa palestina, ademais de consideralo un dereito irrevocable.
Onte, o 27 de novembro de 2007, convocouse o Cumio de Annapolis e mañán, 29 de novembro, conmemoraranse sesenta anos dende que se iniciou o complot e a división de Palestina. É posible que non sexa casualidade que coincidan tales datas, pois arrebataron os nosos dereitos, dividiron a nosa patria, desaloxaron e expulsaron o noso pobo hai seis décadas, e hoxe proceden cara a unha nova fase para dividir o que quedou desta patria.
A Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP)
28/novembro/2007