O GOBERNO GALEGO DO PP INICIA RELACIÓNS ECONÓMICAS E CULTURAIS CO ESTADO SIONISTA
A Consellaría de Economía e Industria organiza, a través do IGAPE un encontro bilateral Galiza - Israel para fomentar as alianzas empresariais entre o noso país e os ocupantes sionistas de Palestina.
O vindeiro mércores 14 de Abril inaugúranse unhas xornadas de presentación de empresas e entidades israelís ao tempo que se establecen axendas para establecer o contacto, con intención de continuidade, entre empresas galegas e sionistas.
En Decembro do 2009 introdúcese na Galiza, coa complicidade tanto do Estado Español como da Xunta de Galiza, a Cámara de Comercio Galicia-Israel, plataforma de propaganda e promoción das virtudes socio-económicas do Estado sionista. Deste xeito sibilino, as institucións do autogoberno galego permiten e amparan a entrada na Galiza do capital financeiro sionista. As pretensións desta Cámara, baixo a falsa apariencia da procura do desenvolvemento económico-tecnolóxico e a promoción de investimentos, agochan na realidade unha descarada importación das estructuras socio-económicas do modelo sionista, e unha defensa do sistema capitalista israelí; así como unha volta de torca máis na reafirmación das políticas neoliberais que nos levaron á crise actual.
Alén diso, esta Cámara preséntase como peza imprescindíbel para impulsar a economía galega grazas aos investimentos estranxeiros e ás prolíficas relacións entre Israel e os EEUU co pretendido propósito de levar os produtos galegos ao mercado americano. A ollos desta Cámara de Comercio, Galiza é vista como un territorio empresarial apetitoso grazas a un solo industrial barato e unha man de obra trabajadora y no conflictiva (segundo palabras textuais de Francisco Linares Moreno, Presidente da Cámara de Comercio e Industria España-Israel en Galiza). Fica claro o modelo de explotación colonial que pretenden implantar estes señores: Galiza entrega o solo industrial e achega a man de obra barata e quen tira proveito son as multinacionais israelís e norteamericanas coa complicidade e o apoio entusiasta das propias institucións públicas do autogoberno galego.
Lendo as entrevistas e os comunicados dos representantes desta organización, desvéndanse as verdadeiras intencións comerciais desta institución: utilizar o territorio, a materia prima e a man de obra galega como instrumento para o enriquecimento exclusivo das multinacionais do Estado Sionista e do capitalismo estadounidense.
O trasfondo político de todo isto é a dobre moral que se aplica por parte do poder político tanto ao estado terrrorista de Israel como ao seu capital financeiro. Israel é un estado sionista, colonizador e invasor, que incumple sistemáticamente inmumerábeis resolucións, tratados e normativas da lexislación internacional; así como un estado que viola os máis básicos direitos humanos: o acoso a Gaza, o muro da vergoña e a represión, que isola e cerca os recursos palestinos; un estado que practica asasinatos, torturas e ocupación dos territorios tanto polo seu exército como polos asentamentos ilegais.
Mentres na Comunidade Internacional crecen os movementos de boicot aos produtos israelís como mínima medida de presión ante o capital sionista, o goberno galego non somentes favorece a cooperación económica con dito estado, senón que está a dar pulo ao desenvolvemento socioeconómico e á ideoloxía dun estado terrorista.
Por todo isto, chamamos ás institucións, organizacións e á sociedade galega á movilización contra estes acordos, que favorecerán a perpetuación político-económica do sionismo. A Asociación Galiza por Palestina únese a estes actos de protesta e prega a difusión deste comunicado; do mesmo xeito nós faremos difusión de calquera proposta e convocatoria de rexeitamento e boicot destas relacións de cooperación co estado israelí.
Ademais, esiximos ao Goberno Galego de Núñez Feijoo tanto o cese da súa complicidade cun estado terrorista e violador dos direitos humanos, como un claro posicionamento ante a política de constante agresión contra o pobo palestino.

Galiza, 12 de Abril de 2010