Isto non é unha crónica. Isto é unha ferida de bala. Por favor, absterse políticamente correctos e demais familia. Israel non é un estado, é o nome dun exército de ocupación en Oriente Medio e, ata onde eu alcanzo a saber, os estados democráticos non manteñen relacións diplomáticas con exércitos, senón cos seus gobernos, así que non entendo como os israelitas teñen embaixadas en territorio europeo.
Normalmente, os estados que se din democráticos teñen exércitos para que defendan (teóricamente) a súa poboación civil. No caso sionista é ao revés. O exército ten unha poboación civil para que os defendan das resolucións da ONU, para que os xustifiquen ante a opinión internacional e para que poñan fillos e corpos no proceso de avance sobre territorio árabe. Isarel non é un país, é unha maquinaria -perfectamente engraxada- de expoliar, destruir, mentir e exterminar a unha poboación civil que ante tanques ten pedras, ante helicópteros, ten cometas e ante cabezas nucleares só conta coa súa dignidade e séculos de historia.
Pero volvendo a nós, a santa cuna da democracia e as liberdades, que fai Europa? que facemos ante o muro da vergoña, un muro que pesa sobre todos os seres humanos como unha lousa de morte e miseria? que fai o goberno Zapatero, ademais de venderlles armas aos sionistas e despois decir non foron usadas nas masacres de nadal en Gaza? que máis fai a Unión Europea ademais de regañar feblemente a comandancia xeral dese exército de ocupación que eles chaman goberno israelita mentres os tanques destrúen os hospitais palestinos financiados cos impostos de todos nós?
Sacamos as tropas españolas de Irak e non imos tirar un valado de 8 metros de alto que estrangula lentamente á poboación civil indefensa e inocente? saímos ás rúas e botamos un goberno mentiroso e cobarde pola guerra en Irak e non imos tomar os estrados e os medios de comunicación para acabar con este holocausto? que lles imos dicir ás vidnerias xeracions, que estabamos ocupados vendo o 2 a 6 da Liga mentres en Palestina esnaquizaban un pobo e á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, torturando a ambos os dous en celas de 1 metro por 2?
O exército de ocupación israelita non só okupa inxustamente e de xeito criminal uns territorios en Oriente Medio, está okupando a nosa conciencia como seres humanos, non so humillan a palestinos e palestinas, humillan a toda aquelas persoas que sintan que forman parte dun ben común chamado humanidade.
Iván Prado