A Fronte Democrática para a Liberación de Palestina (FDLP) condena enérxicamente as salvajes agresións que leva a cabo o exército sionista contra a Franxa de Gaza. As horrendas masacres causaron a morte de centos de mártires e feridos, entre eles nenos, mulleres e anciáns do noso pobo.
Esta matanza encarna a barbarie do terrorismo organizado do estado israelí e é un intento do goberno de Olmert para utilizar a sangue palestina no xogo das eleccións adiantadas.
Este crimen representa o aumento da perigosa agresión que se comete contra o pobo palestino, coa luz verde de Estados Unidos e á sombra dun silencio árabe e internacional. Pero non afectará á vontade do noso pobo e a súa decisión de continuar a resistencia ata eliminar a ocupación.
Facemos un chamamento á unidade fronte á embestida e á inmediata formación dunha fronte de resistencia unida cunha referencia política única para facer fracasar os obxectivos da sanguenta agresión sionista.
A gran masacre non pasará sin castigo, chamamos a todas as forzas da Resistencia para responder a estos crímenes.
Chamamos ao dialogo nacional global para poñer fin á división e recuperar a unidade que constitue a forza principal do noso pobo fronte ao terrorismo israelí.
Chamamos á comunidade internacional a exercer a súa presión sobre o goberno sionista para deter os crímes contra o noso pobo.
Fronte Democrática para a Liberación de Palestina
Franxa de Gaza
27 de diciembre del 2008