25 feb 2009

Conferencia de Juani Rishmawi no auditorio de Caixa Galicia

O pasado mércores 18 Juani Rishmawi nos ofreceo toda-la sua experiencia en Palestina, e unha testimuña de primeira man sobre o que aconteceo verdadeiramente en tanto na franxa de Gaza como en Cirsjordania, durante os últimos bombardeos de Israel.
Esperamos poder ofrecer mais información sobre a su xenerosa conferencia próximamente neste mesmo blog.

15 feb 2009

Visita da nosa compañeira Juani Rishmawi a Galiza e actividades previstas en febreiro


Programa da visita a Galicia de Juani Rishmawi dos Comités de Traballo para a Saúde de Palestina (HWC) 16 ao 20 de febreiro do 2009

Luns, 16:
A Coruña:
11’10: Chegada ao aeroporto de Alvedro.
13’00h: Recepción na Deputación Provincial da Coruña.
20'30h: Xunta con Galiza por Palestina no Centro Social Gómes Gaioso.
Martes, 17:
A Coruña:
10'00h: entrevista en Radio Coruña (SER).
Melide:
12’30h: Recepción no Concello de Melide pola alcaldesa, Socorro Cea.
A Coruña:
16'00h:Entrevista para Xornal de Galicia.
Mércores, 18:
Cambre:
08’30h: Conferencia-coloquio co alumnado do IES David Buján.
Sada:
17’30h: Recepción no Concello de Sada polo alcalde, Abel López Soto.
A Coruña:
20’30h: Conferencia Palestina hoxe no Auditorio da Caixa Galicia na rúa Médico Rodríguez, esquina a rúa Juan Florez.
Xoves, 19:
Pontevedra:
13’00h: Recepción no Concello de Pontevedra polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Poio:
14'00h: Recepción no Concello polo alcalde, Luciano Sobral.
Santiago de Compostela:
16’30h: Recepción por Encarna Otero, Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta de Galicia.

Venres, 20:
Carballo:
10'00h: Recepción no Concello de Carballo polo alcalde, Evencio Ferrero.
A Coruña:
18’00h: Recepción pola Executiva Nacional do BNG.
20’00h: Saída dende o aeroporto de Alvedro.

CONFERENCIA PALESTINA HOXE


Mércoles 18 de Febreiro ás 20.30 h.

Auditorio da Caixa Galicia

Rúa Médico Rodríguez (esquina Juan Florez). A Coruña.

Conferencia por:

J u a n i R i s h m a w i

Comités de Traballo para a Saúde de Palestina

Acto organizado por:

Galiza por Palestina e Concello da Coruña

galizaporpalestina@hotmail.com

مؤتمر فلسطين اليوم

يوم الأربعاء الموافق 18 من شهر فبراير ، الساعة 20:30 مساءا

قاعة “Caixa Galicia”

شارع الطبيب رودريغيث (ركن خوان فلوريث) مدينة آ كورونيا

المحاضرة : خواني رشماوي

اتحاد لجان العمل الصحي في فلسطين

بالتنسيق مع مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين و بلدية مدينة آ كورونيا

10 feb 2009

FORO CÍVICO

PALESTINA:

ONDE SE PERDERON OS DEREITOS HUMANOS

Martes, 10 de febreiro de 2009, ás 19,30 horas
Centro Fonseca da Coruña (rúa Fonseca, 8)




Falarán:

Mohamed Safa
Médico oftalmólogo en Cee; ex representante en España da Organización para a Liberación de Palestina (OLP)

Marga González
De Amnistía Internacional da Coruña

Omar Contreras
De Galiza por Palestina e do Comité de Solidariedade con América Latina (COSAL)




Moderadora:

Elena García Señoráns
Avogada, da Xunta Directiva do Foro Cívico








PALESTINA:
ONDE SE PERDERON OS DEREITOS HUMANOS


Veñen de celebrarse en Galicia e en cidades de todo o mundo numerosos actos de protesta pola masacre de Israel contra o pobo Palestino en Gaza. Fálase xa de 1.500 mortos –na súa inmensa maioría civís e máis da terceira parte eran meniños-, de máis de 5.000 feridos; 22.000 edificios destruídos –o 14% de toda Gaza- en tres semanas de bombardeos, que alcanzaron edificios públicos, 60 escolas e ata instalacións de Nacións Unidas.

Hai quen definía esta actuación como un bombardeo dun campo de concentración e numerosas organizacións internacionais denuncian os feitos como crimes contra a humanidade.

A manifestación celebrada en Compostela baixo o lema “Galicia con Palestina. Non ao masacre”, recollía este sentimento de denuncia e solidariedade do pobo galego co pobo palestino.

Estamos ante unha inxustificable e inhumana acción militar de Israel, que non pode volver a repetirse. Cómpre denunciar tamén a pasividade das institucións políticas internacionais, que están a permitir a continuidade da ocupación e matanza da poboación palestina, a vulneración dos dereitos humanos, dos acordos de paz e das resolucións de Nacións Unidas.

Calquera solución de paz duradeira debería pasar polo recoñecemento do dereito do pobo palestino a crear un Estado propio soberano, que posibilite a convivencia pacífica dos pobos palestino e israelí.

O Club de opinión FORO CÍVICO organiza este acto para que haxa un debate público sobre a problemática en Palestina e posibles solucións, e tamén para manifestar a nosa solidariedade co pobo palestino. Quedades invitados.