Amigos e amigas:
Todas e todos sabedes ben o que sucede hoxe en Palestina, todos coñecedes a situación actual de Gaza, máis dun millón catrocentos mil palestinos encerrados nun gueto rodeado por un muro de aceiro e formigón armado e vixiados por un dos exércitos máis poderosos do mundo, que asasina semanalmente a cidadáns palestinos no seu propio país, que impide dun xeito inhumano e absolutamente bárbaro que os enfermos cheguen ás clínicas onde poderían ser atendidos (nos últimos días máis de 73 enfermos morreron nos controis israelís), que ten a poboación da Faixa de Gaza infraalimentada (máis do 70 por cento dos gazatís están por debaixo do nivel de nutrición axeitado, é dicir, pasan fame), que prohibe o desenvolvemento normal da economía e da vida (máis do 70 por cento de paro).
Agora os sionistas dan un paso máis para acabar coa poboación palestina (eles coma os nazis van pouco a pouco cara a solución final), como nin así morren, como nin así se renden, córtanlle a auga e a electricidade, impiden o seu comercio co exterior, evitan que a axuda internacional (incluso das Nacións Unidas) chegue á xente. Palestina desespérase, pero non se rende.
A “comunidade internacional”, é dicir, o imperialismo e o colonialismo dos Estados Unidos e de Europa, o noso goberno, axudan a Israel a violar o Dereito Internacional, incluído o Dereito Internacional Humanitario. Os “demócratas” din que o goberno electo democraticamente en Palestina non lles serve, tampouco lles serviu o que os palestinos escolleron antes e que eles patrocinaban simplemente porque ningún goberno palestino leva no seu programa un suicidio en masa de toda a súa poboación para deixarlle o seu país ós sionistas.
Mentres os bebés de Gaza morren por falta de auga, atención médica ou incubadoras, nós os europeos financiamos aos asasinos mantendo o 63 por cento do seu comercio exterior, negando o pan e a sal a poboación civil palestina mentres financiamos o estado e o goberno que cada semana decide quen vai matar nos Territorios Ocupados comprándolles millóns de euros en armamento, sancionamos o programa nuclear de Irán porque pode chegar a ser perigoso pero non o programa nuclear israelí que xa o é, castigamos a países que fabrican foguetes que poderían chegar aos nosos países pero aplaudimos que Israel teña misís que xa alcanzan todo o territorio iraní..... e case todo o europeo, incluída Galiza. Curiosamente, os iranís nunca violaron o Dereito Internacional, os israelís o fixeron tódolos días dende o nacemento do seu Estado.
Os e as que estamos aquí non estamos de acordo con esta situación, por iso nos concentramos, para dicir ós dirixentes políticos do goberno español que estamos fartos, que queremos que isto acabe, que non queremos que se permita un día máis que os sionistas violen os dereitos humanos, que queremos sancións inmediatas contra Israel, o fin da súa impunidade, e o fin do comercio con eles, tanto no eido civil como no militar.
É o único que podemos facer agora para aliviar a situación dos palestinos, especialmente da xente de Gaza, pero o 9 de marzo poderemos facer máis.
Agradecemos a vosa presenza aquí e vos pedimos, que antes de marchar, fagades con nós un minuto de silencio polas vítimas dos sionistas no gueto de Gaza, como en outras ocasións o fixemos moitos de nós polas vítimas dos nazis no gueto de Varsovia, e prendades unha luz mentres tanto, a luz que non hai hoxe en Palestina. Moitas gracias.
Compostela, 31 de xaneiro do 2008
Galiza por Palestina. Apdo.:2083. 15080 A Coruña. galizaporpalestina@hotmail.com. http://galizaporpalestina.blogspot.com
jueves 31 de enero de 2008
Comunicado de GXP na Concentración de Santiago
Texto íntegro do comunicado leído pola compañeira Pilar Pereira, durante a concentración en solidariedade có pobo palestino convocada por Galizia Por Palestina en Santiago de Compostela. Tras a lectura do comunicado, encendéronse duceas de velas, como símbolo da soliedaridade do pobo galego coas víctimas da ocupación sionista, e despoís agardamos un minuto de silencio.
Etiquetas:
comunicados,
eventos,
gxp,
Palestina
martes 29 de enero de 2008
Concentración en Santiago de Compostela

Galiza por Palestina convoca unha concentración en Santiago de Compostela para o xoves 31.
Lugar: Praza do Toural
Hora: 20:30
Prégase traer unha vela para simbolizar a luz da solidaridade do pobo galego coas víctimas da ocupación israelí.
Etiquetas:
Actividades,
comunicados,
eventos,
gxp
احتشاد في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا
من أجل انهاء الاستعمار الصهيوني في فلسطين، و ضد مذبحة غزة
تستدعي مؤسسة غاليسسا من أجل فلسطين الجميع للإحتشاد في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا الموافق يوم الخميس، 31 / كانون الثاني
المكان: ساحة تورال
الساعة: 20:30 الثامنة و النصف مساءا
الرجاء احضار شمعة، رمزا لنور تضامن أهل غاليسيا مع ضحايا الاستعمار الاسرائيلي
Galiza por Palestina
Etiquetas:
comunicados,
gxp,
Palestina,
prensa
Pesame pola morte do doutor George Habash
O doutor George Habash, Al Hakim, fundador e secretario xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP) ata o ano 2000, morreu o pasado sábado. A nosa organización quere transmitir ao pobo palestino e ao mundo a fonda dor que sentimos pola perda dun revolucionario exemplar, un dos lideres máis importantes con que contou o nacionalismo árabe e a máis grande figura, xunto a Abu Amar, do movemento para a liberación de Palestina.Animamos á FPLP e a todo o heroico pobo palestino a continuar a súa loita pola liberdade seguindo o exemplo do doutor Habash e expresamoslles o noso máis sentido pésame. Que a terra lle sexa leve ao irmán e camarada Al Hakim.
Galiza por Palestina
28 de xaneiro do 2008
Etiquetas:
comunicados,
gxp,
Palestina,
prensa
وفاة الدكتور جورج حبش، الحكيم
توفي الدكتور جورج حبش، الحكيم، مؤسس الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين، يوم السبت الماضي. تود مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين التعبير عن ألمها الشديد للشعب الفلسطيني و للعالم بسبب فقدان ممثل الثورة ، أحد أعظم الرجال الذي اعتمدت عليه القومية العربية ، و أهم شخصية بجانب أبو عمار في حركة تحرير فلسطين
تقدم جمعية غاليسيا من أجل فلسطين خالص مواساتها للجبهة الشعبية لتحرير فلسطين و للشعب الفلسطيني المناضل ، و ندعوهم إلى الاستمرار بالمناضلة من أجل الحصول على الحرية متبعين خطوات الحكيم . و ندعو الله عز و جل أن يتغمد الفقيد بواسع رحمته و يلهم العائلة و أقاربه و أصدقائه الصبر و السلوان
إنا لله و إنا إليه راجعون
غاليسيا من أجل فلسطين
Galiza por Palestina
Etiquetas:
comunicados,
gxp,
prensa
domingo 27 de enero de 2008
Morre George Habash, fundador da FPLP
Morre George Habash, fundador da FPLP
George Habash, fundador da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e unha figura importante da resistencia palestina nos anos 60 e 70, morreu na capital xordana o Sábado aos 80 anos de edade, tras ingresar no hospital a semana pasada.
Habash padecía a enfermedade dende varios anos, e elixiu Xordania un lugar para vivir dende 1992.
Fundou a Fronte no ano 1967, pero viuse obligado a retirarse da política e aparcou as súas actividades dende moitos anos.
O presidente palestino, Mahmud Abbas, expresou o seu máis sentido pésame, e declarou tres días de luto en todalas asociacións palestinas ¨pola triste pérdida dun gran líder¨.
Tradución do artigo en árabe (Alyazeera)
George Habash, fundador da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e unha figura importante da resistencia palestina nos anos 60 e 70, morreu na capital xordana o Sábado aos 80 anos de edade, tras ingresar no hospital a semana pasada.

Habash padecía a enfermedade dende varios anos, e elixiu Xordania un lugar para vivir dende 1992.
Fundou a Fronte no ano 1967, pero viuse obligado a retirarse da política e aparcou as súas actividades dende moitos anos.
O presidente palestino, Mahmud Abbas, expresou o seu máis sentido pésame, e declarou tres días de luto en todalas asociacións palestinas ¨pola triste pérdida dun gran líder¨.
Tradución do artigo en árabe (Alyazeera)
Etiquetas:
comunicados,
fplp,
gxp,
prensa
وفاة جورج حبش مؤسس الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين
وفاة جورج حبش مؤسس الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين
توفي في العاصمة الأردنية السبت جورج حبش مؤسس الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين وأحد أعمدة المقاومة الفلسطينية في ستينيات وسبعينيات القرن الماضي.

وأدخل حبش (80 عاما) الأسبوع الماضي إلى مستشفى بالعاصمة الأردنية عقب تدهور صحته.
وكان حبش يعاني من المرض منذ عدة سنوات، واختار الأردن مقرا له منذ عام 1992.
وأسس حبش الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين عام 1967، إلا أنه ترك العمل السياسي ولم تعد له نشاطات معروفة منذ سنوات طويلة.
ونعى الرئيس الفلسطيني محمود عباس الراحل وأعلن الحداد ثلاثة أيام. وذكرت وكالة الأنباء الفلسطينية أن عباس أمر بتنكيس الأعلام ثلاثة أيام في جميع المؤسسات الفلسطينية "حدادا على رحيل هذا القائد الكبير".
توفي في العاصمة الأردنية السبت جورج حبش مؤسس الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين وأحد أعمدة المقاومة الفلسطينية في ستينيات وسبعينيات القرن الماضي.

وأدخل حبش (80 عاما) الأسبوع الماضي إلى مستشفى بالعاصمة الأردنية عقب تدهور صحته.
وكان حبش يعاني من المرض منذ عدة سنوات، واختار الأردن مقرا له منذ عام 1992.
وأسس حبش الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين عام 1967، إلا أنه ترك العمل السياسي ولم تعد له نشاطات معروفة منذ سنوات طويلة.
ونعى الرئيس الفلسطيني محمود عباس الراحل وأعلن الحداد ثلاثة أيام. وذكرت وكالة الأنباء الفلسطينية أن عباس أمر بتنكيس الأعلام ثلاثة أيام في جميع المؤسسات الفلسطينية "حدادا على رحيل هذا القائد الكبير".
المصدر : وكالات الجزيرة
Etiquetas:
comunicados,
fplp,
gxp,
prensa
martes 8 de enero de 2008
Galiza por Palestina solidarizase co pobo palestino pola morte de Ahmad Al-Maslamani
Estamos profundamente conmovidos polo deceso de Ahmad Al Masalmani, presidente da Unión de Comités da Saúde, conscentes do pouco consolo que aportan as palabras en momentos coma estes. Tan só queremos expresarvos o noso máis sentido pésame por esta dolorosa perda.Estamos seguros de que máis cedo que tarde o pobo palestino haberá de acardar a súa liberdade e a súa independencia.
Brindamosvos o noso apoio e axuda no que sexa preciso.
Sinceiramente
GALIZA POR PALESTINA
Etiquetas:
comunicados,
gxp,
Palestina
وفاة أحمد المسلماني

ببالغ الحزن و الأسى تلقينا نبأ وفاة المرحوم رئيس اتحاد لجان العمل الصحي ، أحمد المسلماني
تتقدم جمعية غاليسيا من أجل فلسطين بخالص العزاء و المواساة ، إذ نشارككم بهذا المصاب و ندعو الله عز و جل أن يتغمد الفقيد بواسع رحمته و يلهم العائلة و أقاربه و أصدقائه الصبر و السلوان
إنا لله و إنا إليه راجعون
غاليسيا من أجل فلسطين
تتقدم جمعية غاليسيا من أجل فلسطين بخالص العزاء و المواساة ، إذ نشارككم بهذا المصاب و ندعو الله عز و جل أن يتغمد الفقيد بواسع رحمته و يلهم العائلة و أقاربه و أصدقائه الصبر و السلوان
إنا لله و إنا إليه راجعون
غاليسيا من أجل فلسطين
Etiquetas:
comunicados,
gxp,
Palestina
lunes 7 de enero de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
