12 mar 2008

ليلى خالد في غاليسيا

غاليسيا من أجل فلسطين
مع فلسطين

ليلى خالد

رئيسة مؤسسة الاتحاد العام للمرأة الفلسطينية
عضو في المجلس الوطني الفلسطيني
عضو تابع لمنظمة الجبهة الشعبية لتحرير فلسطين

رمز جهاد الشعب الفلسطيني

ستقوم بجولة في منطقة غاليسيا ابتداءا من 29/مارس و حتى 5/أبريل 2008 ، في مختلف المدن الغاليسية

سيتم الابلاغ عن نشاطات التضامن الفلسطيني التي ستقام خلال الجولة في وقته

www.galizaporpalestina.blogspot.com
galizaporpalestina@hotmail.com

LEILA KHALED EN GALIZA

G A L I Z A P O R PA L E S T I N A


C O N P A L E S T I N A


L E I L A K H A L E D

Presidenta da Unión Xeral de Mulleres Palestinas.
Membro do Consello Nacional Palestino.
Membro do Buró Político da F.P.L.P.


O EMBLEMA DA LOITA DO POBO PALESTINO:


Estará de XIRA POR GALICIA, desde o 29 de marzo ao 5 de abril do 2008, recorrendo diversas cidades.


Os actos solidarios correspondentes a dita xira comunicaranse oportunamente.


www.galizaporpalestina.blogspot.com
galizaporpalestina@hotmail.com

10 mar 2008

GAZA (por Carlos Aymerich)

Israel vén de retirar as súas tropas de Gaza despois dunha incursión saldada con 116 mortos, muitos deles nenos de curta idade. Mais a ameaza prosegue: o laborista Ehud Barack, ministro israelí de Defensa recoñece que o seu departamento está a estudar o bombardeamento das áreas civís de Gaza desde as que se disparen os foguetes artesanais “Kassam” ao tempo que o seu vice-ministro, Matan Vilnai, ameaza aos palestinianos cunha nova “Shoah”, a palabra hebrea utilizada para se referir ao holocausto perpetrado polos nazis.

O lanzamento de foguetes contra cidades israelíes é condenábel. Porén, semella que como xa acontecera canda os bombardeamentos contra o Líbano no verán de 2006, os foguetes son apenas a excusa que o goberno israelí precisa para levar adiante un plano preconcebido: división da resistencia nacional palestiniana, “desconexión” de Gaza – eufemismo sob o que se agacha a incomunicación coa Cisxordania e a blocaxe criminal que padecen os gazatíes – e, finalmente, a “transferencia”, é dicer, o abandono de Gaza polos seus actuais ocupantes.

Uri Avnery, o veterán dirixente da asociación pacifista israelí “Gush Shalom” lembrábao hai poucos días: as luitas contra as ocupacións coloniais – desde Washington até Yasser Arafat – oferecen, para quen a queira aprender, unha lición permanente: desde o momento en que o pobo abraza a causa dos rebeldes a vitoria está asegurada. A única cuestión é canto sangue e cantos mortos cumprirán para que os ocupantes conclúan que a solución é política, non militar: negociar un acordo e sair. Infelizmente, á vista da lóxica racista e militarista que domina a política israelí, todo indica que ainda quedan muitos mortos por contar. Iso si, palestinianos na súa imensa maioría.